Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

XUVENTUDES SOCIALISTAS DE A GUARDA A PROL DO RECOÑECEMENTO DA FIBROMIALXIA

Por iso as Xuventudes Socialistas da Guarda e as de Galicia, xa que o Partido Popular demostrou non facelo. seguirán traballando por unha sanidade pública de calidade

Por iso as Xuventudes Socialistas da Guarda e as de Galicia, xa que o Partido Popular demostrou non facelo. seguirán traballando por unha sanidade pública de calidade

Fecha: 13 de Mayo de 2015

Fuente: Xuventudes Socialistas da Guar

"Decir fibromialxia custa, pero o que esta puñetera enfermidade lle fai a unha é, como mínimo, desesperante.
[..]
¿Qué é o que me doe? Comecemos a lista:
As cervicais, o oso sacro; o hombreiro dereito matame, o esquerdo mortificame, un xeonllo, lumbares..., suma a falta de descanso nocturno e o agotamento que fae que a cada paso lle teñas que pedir permiso ó tu cerebro para que pule teu corpo; calambres, espasmos e un longo etcétera.[...]"

O pasado sábado 9 de Maio puidemos ler na sección de "Cartas ó Director" do Faro de Vigo este testimonio anónimo, que retrata moi ben a desesperanza na que acaban os doentes e denuncia a falta de axuda dun colectivo esquecido como é o das pacientes afectadas pola fibromialxia. So en España cifrase nun 2,4% da poboación pero nos novos novos estudios estanse a descubir un maior impacto, con moitos pacientes non tratados ademáis de derivacións de outras doenzas. Cada 12 de Maio non é un máis no calendario para estas persoas, xa que parece ser o único día no que teñen acceso a algunhas institucións.

"A fibromialxía non é mais que unha das moitas enfermidades esquecidas na nosa comunidade, por exemplo a Asociación Galega de Fibromialxía (AGAFI) está integrada por 1300 afectados galegos, pero insistimos hai moitos non diagnósticados. É unha desas enfermidade que teñen un gran impacto sobre todo nas mulleres, por non dicir case a totalidade neste caso. A necesidade dunha cobertura sanitaria de calidade dende o sector público debe ser prioritaria, polo que un maior investimento, control e cobertura en doenzas como estas deben ser prioridade nas obras acometidas dende a Consellería de Saude. Pero isto parece que entran en contraposición cos intereses mostrados dende a Xunta de Galicia, que non deixa máis que abandonados os pacientes guardeses e galegos cos seus recortes e privatizacións da saude pública." declarou, esta mañá, o Secretario de Benestar e asuntos sociais das XX SS. da Guarda. Exemplificou estas situacións cas "derivacións a POVISA ou as privatizacións do novo Complexo Hospitalario vigués, ou os acinamentos nos corredores dos hospitais galegos do que se fixo eco a prensa nacional".

Por iso as Xuventudes Socialistas da Guarda e as de Galicia, xa que o Partido Popular demostrou non facelo. seguirán traballando por unha sanidade pública de calidade, que recoñeza e axude os colectivos que precisan de maior investigación nas súas doenzas, igual que o PSdG, que esta traballando, entre outras cousas, no eido do recoñecemento das enfermidades musculo-esqueléticas (nas que se enmarca a fibromialxía) no ámbito laboral, como no caso das redeiras Este foi un dos temas que tratou nunha recente visita á vila, a Secretaria de Economía Pesqueira do PSdG, Carmen Casalderrey, nunha reunión cas redeiras guardesas no seu lugar de traballo, no Porto da Guarda.

Non ó esquezas, a sanidade galega está ameazada mentres o goberno do Partido Popular de Alberto Nuñez Feijoo sega pensando nos galegos como caixeiros e non como doentes. Non podemos permitir que isto siga acontecendo, xa que a sanidade é un dereito non un negocio.

Secretaría de Benestar e Asuntos Sociais
Xuventudes Socialistas da Guarda

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones