Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Federación Galega emprende a campaña de promoción do balonmán -Temos o poder-

A campaña realízase en colaboración cos clubs Guardés, Porriño, Teucro e Cisne

A campaña realízase en colaboración cos clubs Guardés, Porriño, Teucro e Cisne

Fecha: 19 de Octubre de 2016

Fuente: Federación Galega de Balonmán

Baixo o lema "Temos o poder" a Federación Galega de Balonmán emprende unha campaña de promoción do balonmán galego a través dos derbis, que se realiza en colaboración cos clubs galegos masculinos e femininos que xogarán choques de rivalidade nas máis altas categorías do balonmán español (BM Porriño e Guardés na Liga Loterías feminina e Cisne e Teucro na División de Honra Prata).
 
Este martes tivo lugar o acto de presentación desta campaña e na mesma estiveron presentes o vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, Javier Álvarez, e representantes dos catro clubs implicados na iniciativa. Polo BM Porriño acudiu o directivo Manolo Pereira e a capitá Lorena Pérez; en representación do Atlético Guardés asistiu o adestrador José Ignacio Prades e a xogadora Antía Espiñeira; polo Teucro os participantes na rolda de prensa foron o presidente Carlos García-Alén e o xogador Edu Moledo e polo Cisne contamos co preparador físico Pablo Lorenzo Alemany, Peque, e os xogadores Xosé Canedo e Alejandro Conde.
 
O obxectivo desta campaña é dar a coñecer os valores que defende este deporte a través dos derbis galegos feminino e masculino máis importantes que podemos ter nestes intres. Así, esta iniciativa ve a luz xusto uns días antes de que Guardés e Porriño se enfronten na Guarda (sábado 22, 18:30 horas, TVG-2 e por streaming na web da Real Federación Española de Balonmán) no máis alto da táboa clasificatoria da Liga Loterías Feminina, xunto ao Bera Bera, ao sumar so vitorias nestes espectacular inicio ligueiro. E a próxima semana (día 29, 20:30 horas), os que se verán as caras serán os dous equipos de Pontevedra, nun choque que non se celebra dende hai 32 anos (o último foi no ano 1984).
 
O vicepresidente da Galega -o presidente ausentouse por enfermidade- destacou os valores do balonmán, "non somos un deporte máis, somos máis unha familia e iso é algo do que se ve reflectido nos vídeos". O adestrador do Guardés, José Ignacio Prades, explicou que, "aínda que levo pouco tempo en Galicia, xa me deu tempo a ver que o balonmán galego goza de moi boa saúde" e animou aos afeccionados a acudir ao derbi deste sábado. Neste mesmo sentido expresouse a capìtá do Porriño Lorena Pérez: "Como din os vídeos, temos o poder da amizade, da familia... É un deporte que move a un montón de xente e os animamos a ir vernos e a loitar por este deporte".
 
O xogador do Teucro Edu Moledo agradeceu o esforzo da federación e dos clubs para facer esta campaña de promoción "porque sempre é positivo que xente nova, que non nos coñece, se achegue ao noso deporte", mentres que Xosé Canedo (Cisne) invitou a todo o mundo a achegarse aos pavillóns para vivir a rivalidade e o seu ambiente: "Nos non poderemos estar esta fin de semana no partido da Guarda porque estamos xogando, pero sen dúbida será un partidazo e no máis alto da táboa. E a próxima semana xogaremos nós, nun derbi que non se celebra dende hai máis de trinta anos".
 
Campaña.
A Federación quere aproveitar estes derbis para espallar o balonmán por outras zonas de Galicia onde ten menos implantación. Así, un dos compromisos dos clubs Teucro, Cisne, BM Porriño e Guardés, e buscar as fórmulas de colaboracións cos clubs de Ourense e Lugo, coa cesión de entradas para algúns partidos, a realización de charlas neses puntos, organización de partidos de categorías inferiores e outras actividades que se irán realizando ao longo da presente tempada.
 
Pola súa banda, a Federación Galega de Balonmán faise cargo da realización de catro vídeos -feitos pola produtora Omen- con protagonistas destes clubs nos que se destacan algúns dos valores do noso balonmán (familia, amizade, unión...). Ademais os partidos serán retransmitidos pola TVG-2. No día de hoxe deuse a coñecer dous dos vídeos (O poder dos capitáns e o poder da familia) e na próxima semana daremos a coñecer os outros dous. Así, a través as redes sociais tanto da federación coma dos clubs participantes espallaremos o poder do balonmán galego.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones