Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

-Cantos Somos, apertura sen expropiación- vencedora no Entroido de Tui

Cantos Somos fíxose co primeiro premio xeral, e o primeiro en acompañamento musical.

Cantos Somos fíxose co primeiro premio xeral, e o primeiro en acompañamento musical.

Fecha: 13 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

Cantos Somos fíxose co primeiro premio xeral, e o primeiro en acompañamento musical. Mentres Os Vikingos da Picoña gañaron en Carrozas e Os da Caña en Fantasía

Miles de persoas disfrutaron esta tarde en Tui do XXX Desfile-concurso de Entroido en Tui. O sol acompañou durante o percorrido o que permitiu as dez comparsas participantes lucir os traballos realizados durante as últimas semanas con derroche de imaxinación e corido.







A comparsa "Cantos Somos, apertura sen expropiación" fíxose co primeiro premio na categoría xeral, amais o xurado concedeulles o primeiro premio en acompañamento musical e o segundo en carrozas coa parodia que realizaron da apertura da rúa Ourense.


A proposta da Asociación O Mosteiro "Pokemons en Pexegueiro" levouse o segundo premio na categoría xeral, o terceiro en carrozas e o segundo en acompañamento musical. Mentres a parodia realizada pola Asociación Arume de Malvas sobre o cambio de sentido en Riomuíños baixo o título de "Trump-palladas en Tui" levouse o terceiro premio na categoría xeral, seguido de "Lembranzas Sevillanas" da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei co cuarto premio, de "Luces, 50 sombras más oscuras" da comparsa Luces de Tomiño co quinto, "Os vikingos da Picoña" de Salceda quedaron clasificados en sexto lugar, e "O Borralliño de Soutelo" levouse o sétimo premio.


En Fantasía a comparsas gañadora foi "Os da Caña" de Marín.


Gañadores Absolutos

1. Cantos Somos, apertura sen expropiación, de Tui
2. Pokemons en Pexegueiro, de Tui
3. Trump-Palladas, de Malvas, Tui
4. Lembranzas Sevillanas, de Guillarei, Tui
5. Luces, 50 Sombras más oscuras, de Tomiño
6. Os Vikingos da Picoña, de Salceda
7. O Borralliño de Soutelo, de Salceda
Gañadores Carrozas
1. Os Vikingos da Picoña, de Salceda
2. Cantos Somos, apertura sen expropiación, de Tui
3. Pokemons en Pexegueiro, de Tui
4. O Borralliño de Soutelo, de Salceda
5. Luces, 50 Sombras más oscuras, de Tomiño
6. Cleopatra cruzando o Nilo, de Vigo
Gañadores Fantasía
1. Os da Caña, de Marín

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí