Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Conmemoración dos Sucesos de Sobredo no seu 97 aniversario este domingo 24 de novembro en Sobredo (Guillarei ? Tui)

Entidades sociais concéntranse este domingo, día 24 de novembro, en Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei, concello de Tui, para conmemorar os Sucesos de Sobredo, no seu 97 aniversario.

Entidades sociais concéntranse este domingo, día 24 de novembro, en Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei, concello de Tui, para conmemorar os Sucesos de Sobredo, no seu 97 aniversario.

Fecha: 23 de Noviembre de 2019

Fuente: Instituto de Estudos Agrarios

Entidades sociais concéntranse este domingo, día 24 de novembro, en Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei, concello de Tui, para conmemorar os Sucesos de Sobredo, no seu 97 aniversario.

É o obxectivo da convocatoria manter vivo o significado do carácter social e reivindicativo duns feitos producidos, no 28 de novembro do ano 1922, neste lugar, no que tres persoas quedaran mortas no sitio:
CÁNDIDA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, de Pazos de Reis (Tui); JOAQUÍN ESTÉVEZ BESADA, de Soutelo (Salceda); e VENANCIO GONZÁLEZ ROMERO, de Budiño (Salceda); e varias resultaron feridas; cando a Garda Civil disolveu a tiros a concentración de labregas e labregos; participaban nun acto solidario de apoio a un veciño de Sobredo que por non pagar rendas de Foros ia ser embargado.

Sobredo, dende ese momento, forma parte na memoria colectiva como símbolo e lugar no que a sociedade labrega galega é martirizada; unha sociedade agraria que loitaba pola plena propiedade da terra; único medio de sustento, nunha época de penuria e carencias ás que se trataba dar remedio coa emigración, naquela época a América; quedando as mulleres ao cargo da casa e familia.

Do papel protagonista da muller nas loitas sociais, de comezos do século XX dá testemuñado o seu martirio en moitas da traxedias desencadeadas pola represión, exercida nesa altura; tentando por freo a rebeldía contra a inxustiza. Ramón Cabanillas deixa constancia dese feito e honra á muller galega na persoa de Cándida Rodríguez, vítima nos sucesos, no poema "Sobredo" (Da terra asoballada, 1926):

!Nai galega que diche a sangue xenerosa
para calmar a sede rabiosa da impiedade, nos agros de Sobredo frorecéu unha rosa!
!Ardente e sanguiñenta, agoira Libertade!

O acto de homenaxe ten lugar ao pe do Monumento aos Mártires, da autoría do escultor Camilo Nogueira; obra levantada no décimo aniversario, en novembro de 1932; e dinamitada en xullo do 1936, nos primeiros días do golpe de estado franquista.

Coa recuperación da memoria dos feitos, dende 1986 e reconstrución do monumento, en 1988, por iniciativa de entidades veciñais (asociacións de veciños, asociación culturais, comunidades veciñais de montes), realízase anualmente o acto conmemorativo aos Mártires de Sobredo.

Neste ano 2019 intervirá CARLOS BABÍO URKIDI, investigador, co-autor do libro: Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio.

PROGRAMA:

11,00 CONCENTRACIÓN - CARBALLEIRA DE SOBREDO 11,30 DESPRAZAMENTO ATÉ O MONUMENTO 12,00 PRESENTACIÓN DO ACTO E INTERVENCIÓNS:
SAÚDA; representación do IEAMSO.
Intervención de CARLOS BABÍO URKIDI.
Investigador, co-autor do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio.
13,30 OFRENDA FLORAL NO MONUMENTO
CLAUSURA DO ACTO. GRUPO DE GAITAS "FOLIEIROS".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones