Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Degusta europa- chega a Tui cun menú elaborado pola Escola de hostaleria Manuel Antonio de Vigo

Cociñaron en directo, ante a atenta mirada das persoas visitantes do mercado, 5 tapas diferentes elaboradas con produtos que foron adquiridos no propio mercado da vila

Cociñaron en directo, ante a atenta mirada das persoas visitantes do mercado, 5 tapas diferentes elaboradas con produtos que foron adquiridos no propio mercado da vila

Fecha: 28 de Abril de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e coa deputada de emprego, Montse Magallanes, asistiron hoxe no mercado de abastos de Tui á segunda xornada do "Degusta Europa. Gastronomía no Camiño". Silva manifestou que "esta iniciativa ten por obxectivo reivindicar e potenciar a calidade dos produtos locais á venda nos mercados situados á beira dos camiños xacobeos que transcorren pola provincia, enmarcándose, así, dentro dunha das liñas principais de promoción do destino Rías Baixas deste ano".

Carmela Silva informou que Tui, "como corazón e porta de entrada do Camiño Portugués tradicional, o que máis visitantes ten de toda a provincia, tiña que ter un papel protagonista en Degusta Europa". Neste contexto, o alumnado da escola de hostalería Manuel Antonio de Vigo foi o encargado de cociñar en directo, ante a atenta mirada das persoas visitantes do mercado, 5 tapas diferentes elaboradas con produtos que foron adquiridos no propio mercado da vila: buñuelos de bacallau con crema de cabazo, anguías de Pontesampaio en tempura, arroz cremoso de chocos de Redondela, rabo de tenreira estufado ao viño de Oporto en pan de chapata e natas de Belem.

A aposta da Deputación de Pontevedra polo Camiño Portugués tradicional e por Tui continuará nas vindeiras semanas. Así, a Presidenta da institución provincial adiantou que o vindeiro 8 de maio terá lugar no concello un acto "no que dará a coñecer a promoción que realizará a Deputación de Pontevedra sobre o Camiño Portugués tradicional e sobre Tui como corazón desta ruta". Ao respecto, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu á institución provincial a axuda que está a prestar aos concellos así como a posta en marcha de actuacións "como este programa que conxuga tanto gastronomía, máis nun espazo físico como é a Praza de Abastos que está a pasar por un momento de difícil viabilidade, como o Camiño Portugués tradicional, tan importante para Tui".

"Degusta Europa. Gastronomía no Camiño", que o pasado ano repartiu arredor de 10.000 tapas entre milleiros de persoas, está a percorrer diferentes concellos da provincia de Pontevedra que son puntos neurálxicos dos camiños cara Compostela. O programa, que comezou onte en Vigo e continuou esta mañá en Tui, seguirá nas próximas semanas nos mercados de Baiona (mércores, 3 de maio de 11 a 12), Pontevedra (venres, 5 de maio de 11 a 12), O Grove (xoves 11 de maio de 11 a 12) e Soutomaior (12 de maio de 12 a 13).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones