Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

-Kyoki-, unha Obra Cómica e Reflexiva sobre a Demencia, no Teatro Municipal de Tui

O espectáculo, dirixido a público familiar, aborda con sensibilidade e humor a vellez e o esquecemento, combinando teatro xestual e manipulación de obxectos.

O espectáculo, dirixido a público familiar, aborda con sensibilidade e humor a vellez e o esquecemento, combinando teatro xestual e manipulación de obxectos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Noviembre de 2024

Fuente: Concello de Tui

Este venres 8 de novembro, ás 19:00 horas, o Teatro Municipal de Tui acollerá a obra "Kyoki" da compañía Elefante Elegante. Enmarcada dentro da programación de outono, esta peza dirixida por Gonçalo Guerreiro e interpretada por María Torres con manipulación de obxectos a cargo de Mario Rodríguez, ofrece unha reflexión cómplice sobre a vellez, a soidade e o esquecemento.

"Kyoki", que significa "demencia" en xaponés, convida ao público a explorar estas temáticas a través dunha linguaxe xestual e poética. A actriz María Torres representa varios personaxes -a avoa, a súa filla e a doutora- que simbolizan o núcleo familiar e as institucións médicas e sociais. A obra destaca polo seu enfoque visual, onde a manipulación de obxectos e a interacción co espazo escénico crean un universo onde o cómico e o poético se entrelazan.

Con 45 minutos de duración, "Kyoki" está pensado para toda a familia, ofrecendo unha experiencia teatral única que combina realismo e hipérbole da vida cotiá. As entradas están dispoñibles en tui.gal ata o venres ás 18:50 horas, con prezos populares de 4€ e 3€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí