Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Marxes líquidas- de María Fandiño e Miriam García gaña o concurso de ideas para a reordenación da fronte fluvial do Miño

Este venres ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións farase a entrega de premios do certame

Este venres ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións farase a entrega de premios do certame

Fecha: 07 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Tui

A proposta "Marxes Líquidas", do equipo formado por María Fandiño Iglesias e Miriam García Garcçia, é a gañadora do concurso de ideas de Reordenación da Fronte Fluvial do río Miño en Tui, convocado polo Concello de Tui en colaboración co COAG, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O premio está dotado con 18 mil euros.

Mañá venres, 7 de xaneiro, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica, terá lugar a entrega de premios do concurso. O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, membros da corporación municipal, do COAG, e dos autores das 22 proposta presentadas ao concurso. Até o próximo xoves día 13 poderá visitarse na Sala Municipal a mostra das propostas presentadas ao certame.

O xurado estivo presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e formaron parte do mesmo Manuel González Sarria, conselleiro técnico da Confederación Hidrógráfica del Miño -Sil; Antonio Iglesias Magán, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, e xefe do servizo de Proxectos e Obras do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra; Belén Suárez Massó, arquitecta representante da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia; Sara Piñón Esteban, arquitecta adscrita ao servizo de Arquitectura da Deputación Provincial de Pontevedra; Susana Rivadulla López, xefa do servizo provincial de Urbanismo en Pontevedra, representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Elizabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez, arquitectos representantes do Colexio de Arquitectos de Galicia; Juan José Vázquez Cerreda, enxeñeiro representante do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia; e os arquitectos Javier Antoñón Clemente e Pablo Rivas Caride do Concello de Tui.

Para outorgar o primeiro premio a "Marxes líquidas" o xurado valorou positivamente o plantexamento de "proxecto estratéxico" que realiza "complementado con propostas arquitectónicas desenvolvidas de forma solvente". Indican que se trata dunha proposta "sensible e reflexionada en relación ao ámbito no que está e o que iso implica". Tivo en conta tamén a incorporación da auga coma elemento, e o sentido realista que recolle ao propor "menos construcións ou intervencións que outras propostas". Outros aspectos destacados polo xurado son que ten en conta a dinámica fluvial comas cheas do río, e que xustifica as distintas actuacións en zonas verdes propostas diferenciándolas ao longo do ámbito de traballo.

Segundo recollen as autoras no proxecto a proposta buscan enfatizar a relación da cidade co río. A actuación proposta vai dende a vella Ponte Internacional até os xardíns de Troncoso "concentrándose moi especialmente na beira, nos seus espazos e hábitas, e o seu cosido co tecido e os equipamentos existentes".

Amais xurado acordou conceder un primeiro accésit, dotado con 8.500 €, á proposta "Desde la memoria al medioambiente" realizado por Luciano González Alfaya e Patricia Muñiz Núñez do Estudio MMASA Muñiz Mas Alfaya, SLP. Un segundo accésit, de 3.500 €, foi concedido a "Tui...de salones y balcones" de Cristina García Fontán e Óscar López Alba. Amais outorgáronse dúas mencións honoríficas ás propostas presentadas baixo os lemas "Raia 984" e "Re-habitar paisajes".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones