Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG-AA DE TUI APOIA E FAI UN CHAMAMENTO Á VECIÑANZA PARA QUE ACUDA Á MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO

Así pois, dende o BNG-AA de Tui defendemos unha área sanitaria pública con tódolos servizos e recursos para dar resposta ás necesidades na nosa área.

Así pois, dende o BNG-AA de Tui defendemos unha área sanitaria pública con tódolos servizos e recursos para dar resposta ás necesidades na nosa área.

Fecha: 29 de Agosto de 2015

Fuente: BNG - Tui

O Novo Hospital de Vigo cuxo financiamento e xestión adxudicouse a unha Concesionaria Privada,incluíndo un novo copago, o párking de pago para usuarios e traballadores (cun custo de 12 € ó día), sen teren articulado un sistema de transporte público, en condicións de equidade, que sexa unha alternativa real ó uso do vehículo privado,deixou de ser centro de referencia en importantes servizos.
O Novo hospital perde servicios de referencia de Oncoloxía Radioterápica, Ciruxía Torácica, Neurociruxía, Ciruxía Plástica, Ciruxía pediátrica, cardioloxía intervencionista (unidades de hemodinámica) e Ciruxía Cardíaca. A referencia destes servicios para o Área Norte de Pontevedra están agora no Complexo Hospitalario de Santiago. POVISA mantén a referencia de Ciruxía Maxilofacial, Nervio Periférico e Queimados.

No área pérdese un total de 517 camas, xa que os recortes afectan tamén aos hospitais do Meixoeiro e Nicolás Pena .Estes recortes vulneran as condicións do contrato coa Concesionarias a administración, vulneraron a lexislación Estatal e Europea para favorecer aos novos donos privados do hospital e ocultar o endebedamento do Novo Hospital,

Por outra banda ,diante da paralización do traslado ao Novo Hospital de Vigo, e á espera de ter máis noticias que confirmen as circunstancias concretas agardamos que a Xerencia da EOXI tome conciencia dos problemas existentes e explique claramente, con absoluta transparencia, que está a pasar, e remate con actitudes intolerábeis nas condicións do traslado.

Para denunciar o atropelo sanitario e legal e esixir o rescate do Centro polo Sistema Sanitario Público, a Plataforma e a Xunta de Persoal do CHUVI convocan unha gran manifestación para o próximo día 3 de setembro,en Vigo, ás 20 horas dende o Hospital Xeral.

Así pois, dende o BNG-AA de Tui defendemos unha área sanitaria pública con tódolos servizos e recursos para dar resposta ás necesidades na nosa área. Por iso apoiamos e participamos na manifestación convocada pola Xunta de Persoal do SERGAS e a Plataforma SOS Sanidade Pública.
CONVOCAMOS A TODA A VECIÑANZA A ASISTIRES Á MANIFESTACIÓN DO XOVES DÍA 3 DE SETEMBRO ÁS 20:00 DENDE O HOSPITAL XERAL DE VIGO.
RESERVA A TÚA PRAZA DE BUS NO TLF 620561594 ou no 616090632 (cun custo de 5€). Sae ás 18:50h da Alameda de A Guarda, con parada en Areas e Guillarei.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones