Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Club Deportivo Miño gañador da XI Taça Ibérica de Slálom

A xa emblemática competición tivo lugar nas augas do río Coura ao seu paso por Azenhas de Pagade, na freguesía de Covas.

A xa emblemática competición tivo lugar nas augas do río Coura ao seu paso por Azenhas de Pagade, na freguesía de Covas.

Fecha: 28 de Enero de 2020

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Esta fin de semana celebrouse XI Taça Ibérica de Slálom, un exemplo de colaboración transfronteiriza. A xa emblemática competición tivo lugar nas augas do río Coura ao seu paso por Azenhas de Pagade, na freguesía de Covas.
 
Organizada polas federacións galega e portuguesa de piragüismo, e polo Club Deportivo Miño, a proba puntuaba tanto na liga portuguesa, como na galega de slálom. Puro espectáculo foi o que deron os máis de cen deportistas participantes, nunhas xornadas nas que acompañou o bo tempo. Ao longo do sábado disputáronse as clasificatorias, nas que moitos piragüistas xa quedaron fóra da competición.
 
E na mañá do domingo foi tempo de finais e semifinais. O Club Deportivo Miño-Teixugos, organizador principal do evento, acudiu a cita con 8 deportistas, que foron quen de acadar catro medallas de ouro, tres de prata e unha bronce. Ainhoa Barreiro, na categoría cadete, alzouse co triunfo tanto en canoa como en kaiak. Na mesma categoría, Alba Soutelo foi medalla de prata, tamén en C1 e K1.
 
Samuel Castro, en C1 cadete, foi o gañador da proba.En K1 cadete,a que tivo a maior participación de "teixugos", Sergio Rodríguez gañou a proba, Alexis Segadaes foi prata, Samuel Castro rematou cuarto e Mateo Rivas sexto. En K1 infantil, Adrián Lluch, rematou en quinto lugar.
 
Brais Castro, en C1 sénior, rematou coa medalla de bronce. Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos foi o gañador con 270 puntos, compartindo podio co Augas Bravas Clube con 226 e a Associação Desportiva de Amarante con 180.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí