Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Patapatúm- é o título da obra que este venres Elefante Elegante presenta no Teatro Municipal de Tui

Venres 8 de febreiro ás 20h para público familiar.

Venres 8 de febreiro ás 20h para público familiar.

Fecha: 08 de Febrero de 2019

Fuente: Concello de Tui

Este venres, 8 de febreiro, ás 20h chega ao Teatro Municipal de Tui a compañía Elefante Elegante para pór en escena unha obra para público familiar titulada "Patapatúm".

María Torres, Gonçalo Guerreiro son os autores da obra, que tamén dirixen xunto a Pablo Sánchez. Amais María Torres e Gonçalo Guerreiro soben ao escenario con Agustín Bolaños, conformando o elenco do espectáculo.

Patapatúm é unha reflexión sobre o tempo, a crianza... un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos.

A banda sonora está inspirada na musica dixieland. Por outra parte a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotidiana.

O espectáculo conta, sen palabras, os agasallos que reciben os nenos e nenas, grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de todas formas e mesuras, pero sempre divertidos. Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 8 de febreiro ás 12 h, e este venres, 8 de febreiro, dende ás 18.30 h no despacho de billetes.

• Elefante Elegante con "Patapatúm"
• Data: Venres, 8 de febreiro, ás 20h
• Lugar: Teatro Municipal de Tui
• Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres 8 de febreiro ás 12 h e o venres, 8 de febreiro, dende ás 18.30h no despacho de billetes
• Prezos: 4€ e 3€
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones