Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

POSTURA DE C21 DE TUI SOBRE A CANCELACIÓN DO TUINIC

Despois de termos escoitado ás partes implicadas e reflexionado sobre todas as implicacións do acontecido esta é a nosa postura

Despois de termos escoitado ás partes implicadas e reflexionado sobre todas as implicacións do acontecido esta é a nosa postura

Fecha: 02 de Julio de 2015

Fuente: Executiva de Converxencia Vint

Despois de termos escoitado ás partes implicadas e reflexionado sobre todas as implicacións do acontecido esta é a nosa postura:
 
-Calquera sociedade que aspire a prosperar debe facilitar e estimular a iniciativa privada e as iniciativas do tecido asociativo e da sociedade civil en xeral, atraer investimento privado é crucial para prosperar e combater o desemprego, ACITUI presentou un calendario moi potente e atractivo con eventos financiados de forma privada, con atración de patrocinadores, etc, é dicir diñeiro privado ia fomentar actividade turística e económica en Tui. Toda esta expectativa de xeración de riqueza e emprego queda agora liquidada.
 
-A Administración pública debe ser neutral, os liberais advertimos sempre que na práctica non o é, que sempre ou case sempre defende intereses de parte, cousa que hai que denunciar, o sesgo ideolóxico ou consideracións políticas non deben levar nunca a unha actuación arbitraria da administración con respeito aos administrados en función de se estes pertencen ou non a grupos afins da sociedade, a reacción emocional de algúns con respeito a este asunto como se lles dese un subidón ao ver que agora mandan os seus, non achega nada positivo, non caíamos agora no mesmo erro nen nun revanchismo con respeito á situación anterior que a nada bo nos levaría.
 
-Compre lembrar que o TUINIC non pillou de sorpresa ao novo goberno municipal xa que o evento foi presentado a todos os candidatos en campaña eleitoral e nengún candidato puxo nengún tipo de pexa, todos os que alí estiveron poden corroboralo.
 
-Unha das claves da prosperidade é a seguranza xurídica, non se pode pretender atraer investimento co clásico "ti vai facendo se queres, pero eu non te autorizo nin me responsabilizo" que foi a postura que adoptou Enrique Cabaleiro en relación ao Tuinic, a administración pública ten que achegar seguranza xurídica aos investidores de calquera tipo, tamén a quen pretende promover actividades lúdicas e festivas como o Tuinic.
 
-É certo que o anterior goberno tivo tempo para ter a tramitación feita ou cando menos moi avanzada xa que a primeira solicitude realizouse o 19 de maio e que non fixo praticamente nada ao respeito, é tamén verdade que o novo alcalde se encontrou coa tramitación sen iniciar e o tempo para tramitar o permiso era moi escaso e pillou ao novo goberno ainda en periodo de conformación, tería sido razoable e mesmo aconsellable ter falado cos promotores do evento o antes posible para acordar con eles un aprazamento do Tuinic un par de semanas como mínimo. De ter habido interese por parte do alcalde en que o evento se celebrase esta tería sido a actuación lóxica, pospór o evento para que dese tempo a facer unha tramitación minimamente sosegada do permiso.

-O goberno solicítalle un informe técnico e xurídico ao departamento de urbanismo con data do 25 de xuño, tres dias antes do evento, doce días despois da toma de pose do señor Cabaleiro como alcalde e sete días despois da primeira reunión do alcalde cos promotores que tivo lugar o día 18, isto indica claramente a falta de vontade política de conceder o permiso do concello para a celebración do Tuinic tendo en conta ademais que nesa data, o día 25, os promotores do evento xa tiñan presentado o que se lles tiña solicitado ate ese momento.
 
-Coidamos que o goberno actuou de forma desleal cos promotores causándolles un dano reputacional e económico, e non só a eles senón á economía e á imaxe da cidade.
 
-Os gobernos do PP puñan o listón moi baixo, hai que exixir máis, pero tampouco debemos cair na paralisación burocratista de todo tipo de actividade á que parece que apunta a actuación do novo goberno municipal. Esta é a enumeración do que se solicitaba no informe xurídico de urbanismo que foi emitido o día 26 venres, é dicir sen tempo xa material para reaccionar: proxecto técnico, plan de emerxencia, plan de autoprotección, estudio de avaliación de movilidade xerado, estudio de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, declaración da persoa organizadora onde conste o compromiso de contratación dos seguros, documentación sobre a normativa de ruido, quecemento, contaminación acústica, residuos e vibración, documento acreditativo da designación da persoa que debe asumir a responsabilidade técnica de execución, solicitude da licenza urbanística e calquera outra documentación que sexa solicitada polo Concello.

-Se este informe é o que marca o nivel de exixencia que o concello vai ter no sucesivo para a celebración de calquera evento corremos o serio risco de que no sucesivo deixe de haber eventos. Non vai ser C21 quen propoña saltarse a lei, pero non podemos tampouco obviar que no inferno regulatorio e intervencionista no que se ten convertido España como poñamos o listón burocrático nas nubes, non se vai poder facer absolutamente nada co conseguinte dano económico que o concello estaría inflixindo aos tudenses.

-En relación ao informe técnico de urbanismo advirte que non se pode utilizar as zonas que están en obras no paseo fluvial, é dicir, algo completamente lóxico e entendible por parte de todos e que resultaría compatible coa celebración do evento ao haber zonas que si se poderían ter utilizado segundo o propio informe. -Un goberno municipal de C21 teria tramitado directamente os permisos ante patrimonio e medio ambiente, e exixido aos promotores o seguro de responsabilidade civil e a homologación do escenario.

-Desde C21 coidamos que os promotores se trabucaron insistindo en que o evento non tiña ánimo de lucro, é certo que o evento en si non o tiña, pero tamén é certo que buscaba atraer negocio cara os asociados a ACITUI, nomeadamente a hostelería, como é non só lóxico e natural senón tamén de agradecer, como liberais somos ferventes defensores do ánimo de lucro, é a única fonte de prosperidade económica, sen ánimo de lucro non habería emprego nen prosperidade, os valores anti capitalistas son infelizmente moi dominantes e algúns pretenden que creamos que o ánimo de lucro é algo ruin, desde logo nós non concordamos con esa visión e animamos á cidadanía a librarse dos complexos neste sentido e non cair na trampa do pensamento único; compre afirmar máis rotundamente que nunca que o ánimo de lucro é imprescindible para a prosperidade.

-Tamén como liberais cremos que a administración debe actuar como facilitadora da actividade privada, tramitando os permisos en tempo e forma, garantindo a seguridade xurídica e pública, e basta, un goberno local de C21 non achegaría diñeiro algún ao financiamento dunha actividade privada como esta, tampouco nos parecería mal que a promotora buscase medios de autofinanciarse, por exemplo, coa venda de bebidas, o que si faremos se chegamos a gobernar será baixar impostos e taxas o máximo posible, a renda que libera a baixada de impostos cada un pode usala como queira. As subvencións son fontes de clientelismo e corrupción e case sempre consisten en quitarlle o diñeiro a toda a cidadanía para darllo despois aos amiguetes do poder. -Desde certos sectores sociais estase tratando de xustificar a actuación do goberno neste asunto desde a perspectiva dos problemas que se están producindo nas noites dos fins de semana no casco vello, se para solucionar os problemas de barullo e vandalismo no casco vello o que temos que facer é non autorizar un picnic á beira do río e un concerto na corredoira que remata ás 23:00 horas coidamos que se está tratando de desenfocar o problema, por esa regra de tres habería que tratar de evitar que veña a xente a Tui de día porque ao mellor decide quedar e sair pola noite, obviamente este sería un plantexamento absurdo.

-É verdade que os cascos vellos que funcionan como polo de atración turística, e ese ten que ser o obxectivo de Tui, están claramente orientados ao lecer diurno e das primeiras horas da noite, compre reordenar a noite no casco vello, regular o botellón, aumentando a seguranza pública, establecendo sancións a quen teña un comportamento vandálico, á mensaxe á minoría vandálica ten que ser clara e xa adiantamos que C21 vai propor unha modificación da ordenanza de convivencia cidadá neste sentido.
 
-O dereito ao descanso e á seguranza é sagrado e a xente nova tamén ten dereito a divertirse de forma civilizada, evidentemente é un dos moitos problemas irresoltos que ten Tui e moitas localidades. En C21 somos defensores do modelo vasco no que as discotecas están ubicadas en polígonos industriais, coidamos que é a única forma efectiva ao 100% de conciliar intereses de hosteleiros e xuventude co dereito ao descanso que todas as persoas teñen.
 
-Para rematar, C21 insta ao goberno municipal para que se reuna con ACITUI para aclarar posibles malos entendidos, solicitar o mantenimento do calendario de eventos inicialmente previstos, como a Noite Urraca, o Tui Street Food e o Castellum Tude, mostrar boa disposición a autorizalos baixo unhas condicións razonábeis e con marxe de tempo para evitar que Tui perda esa posibilidade de atración de negocio turístico e comercial, rectificar é de sabios, o señor Cabaleiro ainda pode demostrar que quere ser o alcalde de todos os tudenses; Tui precisa que todos pensemos en grande e con xenerosidade e non sería nada bo para Tui o precedente sentado co Tuinic se agora non se busca unha forma de mudar o rumo. Desde C21 traballaremos para evitar un Tui dividido.
 
Executiva de Converxencia Vinteún (C21) de Tui
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones