Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Sirenita-, premio Feten ao Mellor Espectáculo de Monicreques, este sábado no Teatro Municipal de Tui

Este sábado, 18 de febreiro, ás 19:00 horas, o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de -Sirenita- da man de La Canica de Madrid

Este sábado, 18 de febreiro, ás 19:00 horas, o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de -Sirenita- da man de La Canica de Madrid

Fecha: 18 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tui

Este sábado, 18 de febreiro, ás 19:00 horas, o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de "Sirenita" da man de La Canica de Madrid, destinada a público familiar e infantil. Dúas actrices escenificarán con botelliñas de auga, esponxas e outros obxectos unha suxerinte adaptación do popular conto de Hans Christian Andersen. Trátase dunha versión en castelán a cargo da compañía madrileña La Canica onde a sireniña non terá que renunciar a súa natureza nin a súa voz, para deixarse levar pola marea do amor.






Marisol Rozo e Esther Blanca serán as encargadas de dar vida aos monicreques que representan á sireniña Martina, que non está disposta a deixalo todo polo amor, e a Martín, un mozo de Lugo ao que non lle atrae o olor a peixe. Todo nunha adaptación de Pablo Vergne do popular conto que deixa atrás o dramatismo do relato orixinal escrito no século XIX cara unha faciana máis humorística.

A obra, en castelán e apta para todos os públicos, ten unha duración de 50 minutos e foi galardoada co Premio Feten 2016 ao Mellor Espectáculo de Monicreques.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17:30h no despacho de billetes aos prezos de 3,5€ e 2,5€.

La Canica con "Sirenita"

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: sábado, 18 de febreiro, ás 19h

Duración: 50 minutos

Público: maiores de 4 anos

Entradas:

-                      Á venda até o sábado ás 12h en www.culturatui.info

-                      No despacho de billetes o sábado dende ás 17.30h

Prezo: 3,5€ e 2,5€

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones