Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño inaugura un dos maiores skatepark da provincia

O acto contou coa presenza e a intervención da presidenta da Deputación, Carmela Silva, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, do tenente alcalde e deputado provincial Uxío Benítez, e dos integrantes do colectivo local OG Rippers, Teo López e Adrián Bes

O acto contou coa presenza e a intervención da presidenta da Deputación, Carmela Silva, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, do tenente alcalde e deputado provincial Uxío Benítez, e dos integrantes do colectivo local OG Rippers, Teo López e Adrián Bes

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O acto contou coa presenza e a intervención da presidenta da Deputación, Carmela Silva, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, do tenente alcalde e deputado provincial Uxío Benítez, e dos integrantes do colectivo local OG Rippers, Teo López e Adrián Besada.

O sábado 2 de outubro, despois de ter sido adiada por mor da climatoloxía, tivo lugar a inauguración da nova área de espazos deportivos situada na Alameda de Goián, que está composta por unha pista de skatepark e unha pista polideportiva. O novo espazo está encadrado dentro do proxecto “Máis Goián”, un proxecto integral de reforma urbana que procura conectar todos os equipamentos públicos da vila a través da mobilidade peonil, e ven a complementar outros equipamentos deportivos situados na área como o campo de Fútbol do Regatiño ou o pavillón de Goián.

O acto será aberto ao público, comezou ás 13:00 e contou coa intervención de Uxío Benítez, 1º tenente alcalde e deputado provincial de Mobilidade e Espazo Público; Teo López, representante do colectivo local OG Rippers; Sandra González, alcaldesa de Tomiño e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra.

Debido novamente á climatoloxía, a exhibición prevista realizaráse na vindeira fin de semana coas diferentes modalidades que poderán practicarse na pista, tales como BMX, Skateboard, Scooter ou Roller.

O ámbito da intervención, financiada a través do Plan Concellos 2020, abarca uns 4.000 metros cadrados, dos cales preto de 1.400 corresponden ao skatepark, converténdoo nun dos maiores da provincia. No seu deseño contouse co asesoramento de expertos nestes deportes, participando no seu deseño un dos técnicos organizadores do recoñecido evento de cultura urbana e deportes extremos “O Marisquiño”, ademais de ser fundamental en todo o proceso a participación da mocidade do municipio que practica algunha destas modalidades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí