Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Un home con lentes de pasta-, unha comedia negra para abrir a tempada teatral no Centro Cultural

Un total de 5 propostas culturais entre outubro e decembro e que terán lugar no Centro Cultural con inscrición previa.

Un total de 5 propostas culturais entre outubro e decembro e que terán lugar no Centro Cultural con inscrición previa.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Octubre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O vindeiro 9 de outubro chega ata a Guarda á peza teatral “Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra que versa sobre as relacións humanas, a presión das conviccións sociais, da necesidade de contar historias, de escoitalas e de formar parte delas.  Todo elo da man de múltiples influencias e mestura de xéneros que xogan entre a comedia, o absurdo, o suspense...resultando ao fin un espectáculo xenuíno e divertido pero cunha segunda capa de profundidade sobre a constante necesidade de parecer, e non tan só de ser.

 

A peza orixinal, escrita por Jordi Casanovas, foi estreada en Barcelona no 2010, acadando o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011. Tras este percorrido e 10 anos despois, Redrum Teatro adaptou a peza para iniciar unha xira polos teatros galegos, poñendo a Alex Sampaio na dirección e na escena a actores ben coñecidos polo público galego como Sheyla Fariña (Acacias 38 ou Serramoura), Fernando González (Valeria), Guillermo Carbajo (Noiteboa, Contos do Recreo, Pratos Combinados) e Laura Míguez (María Solinha)

 

A función representarase na Guarda o sábado 9 de outubro ás 20:00h. Como ven sendo habitual é obrigado formalizar a reserva previa a través do seguinte enlace:   https://www.eventbrite.es/e/181675585567.

 

PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO

 

Esta comedia é a primeira das propostas teatrais que compoñen a programación de Outono 2021 (para público adulto), que se caracteriza nesta ocasión pola variedade de xéneros e propostas. Así no mes de novembro, o día 19, a obra “Illas Desertas” da compañía tudense Artesa&Cía, romperá as conviccións do teatro cunha obra interactiva, moi contemporánea, con moito peso das novas tecnoloxías, que sen dúbida sorprenderá ao público guardés. E no mes de decembro, o venres 10, unha proposta de teatro musical que nos trasladará ao mundo das cupletistas, do cabaré e da Galicia urbana de 1921 coa obra “O Candil. Un musical galego”, da compañía coruñesa Escola Galega de Teatro Musical,

 

Mais non só o teatro  encherá o Centro Cultural, xa que tamén se unen propostas que nos achegan a poesía, a nosa literatura e a vangarda cultural. Tal é o caso do espectáculo “Entre o Caravel e a Rosa” que mañá venres, 1 de outubro, se representa no Salón de Actos do Centro Cultural e que indaga na figura e obra de Emilia Pardo Bazán. Ou a proposta “Algo que levar a boca”( 22 de outubro), que resucita ao Colectivo Rompente que con Antón Reixa á cabeza buscaba nos anos 70 e 80 novos modos de vangarda cultural innovando coa poesía, a imaxe a música. Sen dúbida unha proposta interesante para rescatar cara o presente eses momentos de procura de novos formatos que se dera moitísimo no tempo da Transición.

 

1/10: Entre o Caravel e a Rosa. Ás 20:30h no Centro Cultural

9/10: Un home con lentes de pasta. Ás 20:00h no Centro Cultural

22/10: Rompente: Algo que levar á boca. Ás 21:00h no Centro Cultural

19/11: Illas desertas. Ás 21:00h no Centro Cultural

10/12: O Candil. Ás 21:00h no Centro Cultural

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones