Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

-Unicorn wars-, un filme de animación antibelicista, próxima entrega do Ciclo de Cine Mestre Mateo

O filme, non recomendado para público infantil , emitirase o venres 10 de novembro ás 20:30h . no Centro Cultural da Guarda

O filme, non recomendado para público infantil , emitirase o venres 10 de novembro ás 20:30h . no Centro Cultural da Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Noviembre de 2023

Fuente: Concello da Guarda

O filme de animación “Unicorn wars”, que se emitirá este venres 10 de novembro ás 20:30h. no Centro Cultural, foi sen dúbida unha película revelación no panorama da animación española no ano 2022. Dirixida polo galego Alberto Vázquez, esta película  envolta no aparente candor da animación infantil e dos seus protagonistas: o exército osiño, se presenta como unha acérrima fábula antibélica, pero sen escatimar na crueldade descarnada propia dos conflitos bélicos, facendo unha crítica do  absurdo da guerra, do negocio das bandeiras e do sangue dos mozos que as defenden. É por todo isto que Unicorn wars non é un filme para nenos, senón para público adulto e tamén xuvenil, especialmente aquel acostumado á linguaxe dos videoxogos, dos cómics e do anime. Trátase dun filme duro e violento, non recomendado para menores de 16 anos, que  utiliza toda a violencia na trama e nas imaxes para facer unha lectura que sen dúbida non deixará indiferente ao espectador.

O seu director conseguiu por esta película o premio na XX Edición dos Mestre Mateo (2023), así como Goya á mellor película de animación no 2022. Galardón que xa obtivera no 2011 por Birdboy, na versión de curtametraxe.

Este filme é a sexta entrega do ciclo de cinema Mestre Mateo que, promovido dende a Academia Galega do audiovisual e coa colaboración das Deputacións Provinciais, quere achegar aos diferentes puntos da xeografía galega unha mostra representativa das últimas producións cinematográficas galegas.

 

 

FICHA-RESUMO DA ACTIVIDADE

ACTIVIDADE: CICLO CINEMA GALEGO MESTRE MATEO

LUGAR:  CENTRO CULTURAL A GUARDA

DATA E HORARIO: 10/11/23 ÁS 20:30H.

 

ORGANIZA: Academia Galega do Audiovisual, Deputación de Pontevedra e Concello da Guarda

MAIS INFORMACIÓN: cultura@aguarda.es, https://ciclomestremateo.gal/,  https://www.unicornwarsthefilm.com/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí