Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

12 deportistas do Clube Deportivo Miño Teixugos participaron na VIII Taça Ibérica de Slálom

Ao longo de dous días máis de 100 deportistas galegos, portugueses e leoneses mostraron as súas destrezas nas augas do río Coura.

Ao longo de dous días máis de 100 deportistas galegos, portugueses e leoneses mostraron as súas destrezas nas augas do río Coura.

Fecha: 20 de Marzo de 2017

Fuente: Rosa Fernández

Esta fin de semana tivo lugar en Covas, Vila Nova de Cerveira, a VIII Taça Ibérica de Slálom, un evento que medra ano a ano e que revoluciona esta pequena aldea cerveirense. Ao longo de dous días máis de 100 deportistas galegos, portugueses e leoneses mostraron as súas destrezas nas augas do río Coura.





Na tarde do sábado tivo lugar a proba clasificatoria con máis de 150 embarcacións, na que os participantes nos obsequiaron cunhas baixadas espectaculares. O nivel dalgúns dos deportistas foi moi alto o que fixo que moitos se quedaran fóra das finais, a pesar de obter unhas moi boas posicións, ao marcar estes o tempo de corte. Tal foi o caso de Marina Ruedas e Laura Alonso que a pesar de rematar terceira e quinta en K1 sénior feminino non entraron nas finais.

Ao longo da mañá do domingo disputáronse as finais nas que destacaron as actuacións do canoísta olímpico José Carvalho, do ADA de Amarante, gañador en C1 sénior e que marcou o mellor tempo da xornada e a do segundo mellor tempo marcado por o tamén portugués Iván Silva do ABC de Amarante en K1 sénior.

Os Teixugos, un dos organizadores de este evento, acudiu con doce deportistas a medir forzas nas augas bravas do Coura. Sergio Martínez fíxose con dúas pratas en K1 e C1 infantil. O seu compañeiro Samuel Catro foi ouro en C1 infantil e rematou cuarto en K1. Marco Patiño foi sexto en K1 júnior. Na categoría K1 sénior Brais Castro foi sétimo, Emilio Rodríguez décimo e Guillermo Pereira décimo quinto. En C1 sénior Brais acadou a quinta praza. Aihoa Barreiro foi prata en K1 e C1 infantil e na mesma categoría Alba Soutelo bronce en K1 e ouro en C1. Ariadana Pereira fíxose co bronce en K1 cadete.

Por equipos o gañador foi o ABC con 270 puntos, seguidos do C.P. Penedo de Caldelas con 251 e o Tea de Mondariz con 247. Os Club Deportivo Miño rematou cuarto con 223puntos.

Resultados da competición

Fotos

 

https://goo.gl/photos/TVduQZCtyV9zygTbA

 

https://goo.gl/photos/t2VLAWfvK6JfEDGD8

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí