Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

128 postos solicitaron a súa renovación no Mercado semanal dos Xoves en Tui

O Concello inicia o ano con débeda cero na taxa pola montaxe de postos

O Concello inicia o ano con débeda cero na taxa pola montaxe de postos

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Enero de 2023

Fuente: Concello de Tui

Un total de 128 vendedores e vendedoras ambulantes solicitaron a renovación da autorización dos seus postos no Mercado semanal dos xoves en Tui. O pasado día 10 de xaneiro rematou o prazo para realizar esta solicitude que arestora está en tramitación. Das 128 solicitudes rexistradas 27 corresponden a postos de alimentación.

O Mercado semanal en Tui celébrase os xoves pola mañá na rúa Mártires de Sobredo, situada entre a rúa Casal Aboy e a Avenida da Concordia.  Os postos que montan cada xoves ofertan ampla variedade de roupa, calzado, complementos, enxoval, alimentación, florería,…

Por outra parte dende o Concello de Tui saliéntase que o mercado municipal inicia o ano con débeda cero no correspondente ao pago das taxas por instalación de postos. Dende a  concellería de Comercio e Mercados amosan a súa satisfacción pola xestión realizada, que permitiu estes resultados, ao tempo que trasladan o seu agradecemento ao persoal municipal polo traballo levado a cabo tanto parte do departamento de Tesourería, Secretaría coma da Policía Local. Ese traballo permitiu regularizar a situación de todos os postos do mercado tudense que na última década acumulou débedas importante por impago que chegou a sumar máis de 15 mil euros, e que dende 2019 se reduciu até chegar á actual situación. Así en 2019 a débeda superaba a 4.500 euros, cifra que en 2020 baixou a mil euros, en 2021 non se pasou a taxa ao cobro debido á pandemia, e o 2022 rematou con 542 euros pendentes de cobro, correspondentes a tres persoas vendedoras cuxa autorización de montaxe vén de ser revogada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí