Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

13 CORREDORES DO CLUBE DEPORTIVO SAN XEROME PARTICIPARON NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS FGDA

O pasado mércores día 3 de marzo disputouse o Campionato galego de Campo a través de FGDA, no circuito do Parque de Castrelos

O pasado mércores día 3 de marzo disputouse o Campionato galego de Campo a través de FGDA, no circuito do Parque de Castrelos.

Fecha: 04 de Marzo de 2016

Fuente: Clube Deportivo San Xerome

O pasado mércores día 3 de marzo disputouse o Campionato galego de Campo a través de FGDA, no circuito do Parque de Castrelos. Esta edición, retrasouse unha semana a súa celebración polo mal tempo metereolóxico da semana anterior.

Nunha mañá de chuvia fina, a Sección de Atletismo do Club San Xerome, desprazou un total de trece corredores que disputaron as probas das categorías de Competición, Adaptada e Xogo. Os resultados obtidos polo Club superaron en participación e medallas aos do pasado ano.

Na categoría absoluta de Competición masculina, Borja Cadilla obtivo o 3º posto, seguido moi de preto por Fabián González que obtivo o 4º lugar. O terceiro componente do equipo Luis Antonio Sández acadou a 9ª posición. Nesta mesma categoría na sección feminina Maite Santos rematou no 4° posto, completando unha gran competición.

Na categoría Adaptada feminina. Medalla de bronce para Maite Barros, 3º clasificada.

A categoría que contou coa maior participación por parte do Club foi a de Xogo +15, onde Óscar Moure obtivo a medalla de prata coa súa 2ª posición, e Miguel Ángel Bello obtivo un meritorio 10º posto. Pola súa banda a sección feminina destacou o 4º posto de Jennifer Álvarez, tamén hai que sinalar o 6º de Nuria Pereira, o 8º de Celia López, o 10º de Andrea Piña e o 15º de Lourdes Fernández.

Finalmente Raúl Mansinho proclamouse Campión Galego na Categoría Xogo -15, reafirmando o seu bo estado de forma, que xa amosou no Campionato de España onde tamén acabou 1º.

Dende o Club San Xerome Emiliani queremos agradecer aos rapaces o seu esforzo nas competicións e nos adestramentos, así como aos adestradores, persoal de apoio, voluntarios, e familias que fan posible os éxitos de participación e competitivos que ano a ano se están a conseguir. Noraboa a todos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones