Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

13 empresas presentan ofertas para a construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei en Tui

A intervención mellorará a intersección existente no núcleo de Guillarei, na estrada autonómica PO-404, pola que se accede á depuradora e á praia fluvial

A nova glorieta permitirá maior seguridade en todos os xiros no cruzamento, facilitando aos vehículos que proveñen da Rañada ou Caldelas de Tui o acceso cara á vía de entrada á depuradora

Fecha: 30 de Julio de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

Un total de 13 empresas presentaron as súas ofertas para a construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, no Concello de Tui, cun investimento más de 316.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda financia esta actuación, cuxas obras teñen un prazo de execución de 4 meses desde o seu inicio, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria no treito que se corresponde coa estrada autonómica PO-404 Guillarei - A Rañada.

A intervención proxectada ten por obxecto a mellora da intersección existente no núcleo de Guillarei, no punto quilométrico 1+900 da estrada de titularidade autonómica, pola que se accede á depuradora e á praia fluvial, mediante a execución dunha glorieta.

A intersección actualmente ten visibilidade reducida, polo que non se permiten os xiros para os vehículos que proveñen da Rañada ou Caldelas de Tui cara á vía de acceso á depuradora, polo que a construción da glorieta mellorará a seguridade viaria nese punto e servirá para permitir maior seguridade en todos os xiros no cruzamento.

A glorieta terá un diámetro exterior de 32 metros e deseñarase de xeito que permita a continuidade do itinerario peonil e ciclista existente na vía de acceso á depuradora. Para isto, na marxe dereita, construirase un carril bici de 2,5 metros e unha senda de 2 metros, que prolongarán a infraestrutura existente.

Esta actuación complementarase coa instalación dos elementos necesarios para garantir a drenaxe axeitada e coa iluminación da glorieta.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí