Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

170 escolares de 6º de Primaria de seis centros educativos tudenses convivirán dous días na Aloiada 2017

Realizarán distintas actividades no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño

Realizarán distintas actividades no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño

Fecha: 15 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tui

Este xoves, 15 de xuño, e o venres, 16 de xuño, 170 alumnos de 6º de Primaria dos CEIP's nº1, nº2, Pazos de Reis, Guillarei, e Rebordáns e do Colexio Maristas Santa María participarán na Aloiada 2017. Trátase dunha xornada de convivencia entre os propios escolares e o seu entorno natural que chega a súa décima edición. A iniciativa partiu inicialmente dos CEIP's nº1 e nº2 de Tui, aos que en 2016 se sumou o CEIP de Pazos de Reis e este ano os colexios de Rebordáns, Guillarei e Maristas.

Esta mañá tivo lugar a presentación desta actividade a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, a concelleira de educación, María José González, e os directores do CEIP Nº1, Nuria Garabal, do CEIP Nº2, Luis Ruiz, do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, do CEIP de Rebordáns Luís Martínez, do CEIP de Guillarei, María Liliana González, e do Colexio Maristas, Patricia Bugarín.
A actividade comezará mañá xoves co saída dende os centros escolares ás 9.30h en autobús cara o Parque Natural do Monte Aloia onde acamparán pola noite. Ao longo da xornada irán ata o Galiñeiro onde practicarán escalada, rappel, primeiro auxilios, orientación,... Ás 17h iniciarán unha ruta de sendeirismo entre o Galiñeiro o cumio do Aloia onde montarán as tendas, cearán e realizarán unha actividade nocturna. O venres, tras almorzar e recoller todo o material de acampada, farán sendeirismo polas rutas de Cabanas, o Arboreto, Rego da Pedra e Muíños do Tripes. Despois de xantar achegaranse ata o río Miño para practicar remo e piragüismo cos clubs locais. A hora prevista de regreso aos centros escolares é ás 19.30h.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou na presentación desta mañá a importancia desta actividade para que os escolares coñezan o seu entorno, que é o xeito de que o valoren e o respecten. Amosou o seu desexo de que iniciativas coma esta de coñecemento do entorno natural se poidan estender ao coñecemento do entorno patrimonial ou etnográfico que hai no municipio.

O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, fixo fincapé na maior dimensión que este ano adquire a Aloiada coa incorporación de tres novos centros educativos. Mentres a concelleira de Cultura e Ensino, María José González, destacou que este tipo de proxecto conxuntos fortalezan a educación e a Tui, sendo unha oportunidade única de convivencia no Aloia e no río Miño.

Os directores dos colexios participantes salientaron a convivencia que se establece nestes dous día entre os alumnos de distintos centros, que lle vale amais para manter un primeiro contacto en moitos casos con rapaces que serán compañeiros o próximo curso no instituto.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones