Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

200 ALUMNOS DE SECUNDARIA ASISTIRÁN HOXE EN TUI Á PROXECCIÓN DE -INVICTUS- DENTRO DO PROGRAMA -O CINEMA NAS AULAS-

Tras a proxección o alumnado recollerá as unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, coas que logo traballarán nas aulas.

Tras a proxección o alumnado recollerá as unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, coas que logo traballarán nas aulas.

Fecha: 25 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Este mércores, 25 de febreiro, ás 11h, terá lugar unha nova proxección do programa "Cinema nas aulas" promovido polo Concello de Tui ao través do departamento de Prevención de Drogodependencias da concellería de Servizos Sociais. A cita será no Teatro Municipal de Tui coa proxección de "Invictus" para 200 alumnos de 2º da ESO do IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Colexio Maristas Sta María e Seminario Menor San Paio xunto a 12 profesores/as. Tras a proxección o alumnado recollerá as unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, coas que logo traballarán nas aulas.

"Invictus" conta a historia de como Nelson Mandela (Morgan Freeman) aliouse co capitán do equipo de rugby de Sudáfrica, os Springboks, François Pienaar (Matt Damon), para axudar a unificar o seu país. O recentemente elixido presidente Mandela sabe que, tralo apartheid, o seu país segue dividido racial e económicamente. Coa confianza de que pode reconciliar ao seu pobo mediante a linguaxe universal do deporte, Mandela decide apoiar con todo o seu empeño ao débil equipo sudafricano de rugby cando, de forma inesperada, consegue chegar á Final da Copa do Mundo de Rugby de 1995.

O programa "O Cinema nas Aulas" insírese dentro do contexto da educación para a saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema, mediante a proxección dunha película se irá afondando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde, pois o cine nos divirte pero tamén nos axuda a pensar e aprender.

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones