Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

2000 nen@s no peche das Escolas Deportivas de Balonmán

As integrantes do Atlético Guardés e do Porriño foron as que realizaron a entrega das medallas a todos os participantes.

As integrantes do Atlético Guardés e do Porriño foron as que realizaron a entrega das medallas a todos os participantes.

Fecha: 05 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez, presidiu este sábado o acto de clausura da novena edición de "Balonmán na Rúa", o macroevento deportivo con motivo do peche das DEPOrte Escolas de balonmán da institución provincial, no que participaron máis de 2.200 persoas entre o persoal encargado da arbitraxe, adestramento, acompañamento dos e das menores e voluntariado xunto cos propios rapaces e rapazas que competiron no torneo.

Na súa intervención, a presidenta da Deputación, que participou na entrega das medallas ás nenas e nenos xunto co alcalde, Abel Caballero, o presidente da Federación, o deputado provincial, Santos Héctor, e o concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, agradeceu a todos os nenos e nenas a súa participación no torneo e tamén tivo palabras de agradecemento para os pais e nais de todos os rapaces, asi como para todos os monitores dos distintos clubs que interviron.

Pero especialmente referiuse as integrantes do Atlético Guardés e do Porriño, que no quixeron perderse a festa do balonmán na rúa participando na entrega das medallas a todos os participantes.

En Vigo déronse cita uns 1.800 nenos e nenas en representación de 23 clubs da provincia de Pontevedra, practicamente o total dos existentes. A competición comezou ás 10:00 da mañá e enfrontou a 138 equipos de 28 concellos da provincia que foron arbitrados por 30 colexiados e colexiadas. O torneo celebrouse na rúa Areal da cidade olívica, onde a organización acondicionou catorce campos de balonmán que se distribuíron ao longo de toda a rúa, que permaneceu pechada ao tráfico para a ocasión. Xogáronse un total de 349 partidos.

En concreto, participaron nesta edición do "Balonmán na Rúa" 11 equipos na categoría prebenxamín mixta, 52 na benxamín mixta, 53 na alevín mixta, 10 na infantil feminina e 12 na infantil masculina. Os rapaces e rapazas chegaron a Vigo a bordo de 20 autobuses, que facilitou a Deputación, dende A Guarda, Gondomar, Tomiño, Tui, O Rosal, A Cañiza, Ponteareas, Porriño, Meaño, O Grove, Pontevedra, Meis, Bueu, Rodeiro, Lalín, Redondela, Cangas, Moaña e da propia cidade de Vigo.

O programa da Deputación de Pontevedra conta con máis de 2.700 nenos e nenas inscritos nas 148 DeporteEscolas de balonmán, que son de balde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones