Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

22 persoas comezaron a traballar ao abeiro do Plan Concello 2017 en Tui

22 persoas que traballarán no Concello ata finais de ano grazas á achega de 225 mil euros da Deputación de Pontevedra

22 persoas que traballarán no Concello ata finais de ano grazas á achega de 225 mil euros da Deputación de Pontevedra

Fecha: 21 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, deron na mañá deste luns á benvida ás 22 persoas que traballarán no Concello ata finais de ano grazas á achega de 225 mil euros da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2017. Nesta mesma xornada realizaron o curso de prevención de riscos laborais coma paso previo á incorporación aos seus postos de traballo. Precisamente o concelleiro de Persoal, José Ramón, fixo un chamamento a que fosen especialmente coidadosos no cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo para evitar así calquera tipo de accidente laboral.

En concreto foron contratados 10 peóns de limpeza, 3 oficiais de segunda albaneis, 1 oficial de segunda carpinteiro, e 1 oficial soldado/cerralleiro, para o servizo de obras a razón de 35 horas semanas, queda pendente a contratación dun 1 oficial condutor xa que ningunha das persoas que se presentaron superou as probas. Tamén se contrataron 7 auxiliares administrativos tres deles durante 30 horas semanas e 4 cun contrato de 25 horas semanas para diversos servizos municipais.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou a estas 22 persoas por ter superado o proceso selectivo que lles da acceso a un posto de traballo de carácter temporal. Nese senso aludiu a precariedade laboral que arestora en o Concello, amosando a vontade do goberno municipal de convocar en breve a oferta de emprego público para cubrir as prazas que hai vacantes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí