Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

234 alumnos e alumnas de Secundaria asisten este martes á segunda proxección do programa -O Cine nas aulas-

Trátase dunha actividade posta en marcha polo Departamento Municipal de Prevención de Drogodependencias

Trátase dunha actividade posta en marcha polo Departamento Municipal de Prevención de Drogodependencias

Fecha: 05 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

234 alumnos e alumnas de Secundaria de centros educativos de Tui van asistir mañá martes, 5 de novembro, á segunda proxección deste curso escolar do programa "O cine nas aulas" que realiza o Departamento Municipal de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui.

En concreto o alumnado e profesorado de 2º da ESO dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Colexio Marista Santa María e Seminario Menor San Paio asistirán mañá á proxección da película no Teatro Municipal, e ao remate recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas os alumnos/as.

Na película que van visionar trátase de forma respectuosa un tema tan difícil como a discapacidade intelectual. É divertida, chea de optimismo, fai pensar e emocionarse. Os seus protagonistas destacan pola súa humanidade, dignidade e xenerosidade.

A metodoloxía do programa do "O Cine nas Aulas" é que o profesorado traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lles facilita, serve como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, xa que dende o Departamento Municipal de Prevención de Drogodependencias considérase que o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude para implementar estas cuestións, e facilita profundar noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente. Ao longo do curso trataranse temas como a amizade, a "normalidade", o alcohol ao volante, aceptar ao diferente e a relacionarse con persoas que saen dos cánones establecidos.

No segundo trimestre do curso o alumnado de Secundaria volverá ao Teatro Municipal para visionar a segunda película do programa.

O pasado 16 de outubro foron xa 274 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, do CEIP Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP Nº2, CEIP de Randufe e CEIP de Guillarei os que asistiron ao Teatro Municipal para visionar a primeira película do ciclo correspondente ao curso escolar 2019/20.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones