Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

3 novos orientadores profesionais para a Oficina de Emprego de Tui

Prestarán especial atención aos parados de longa duración

Prestarán especial atención aos parados de longa duración

Fecha: 09 de Diciembre de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

  A Xunta destina a este reto 550.000 euros na provincia de Pontevedra que permitirán contratar a un total de 45 novos técnicos que prestarán especial atención aos parados de longa duración en 18 oficinas de emprego  

  Pontevedra contará, deste xeito, cunha rede de profesionais especializados en accións para incrementar a empregabilidade das persoas sen emprego, e, sobre todo, aos colectivos con especiais dificultades de inserción

  As persoas que buscan un traballo reciben información sobre o mercado, sobre formación profesional e obteñen un itinerario personalizado para a súa inserción laboral 

  O servizo tamén está enfocado ás empresas, xa que os orientadores contactan coas firmas para difundir as súas iniciativas e coñecer as necesidades do sector

  Esta actuación enmárcase na Axenda 20 para o Emprego que inclúe entre os seus obxectivos principais un novo modelo de orientación aberta achegando o servizo ás persoas demandantes de emprego e ao tecido empresarial

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asegurou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá 550.000 euros na provincia de Pontevedra co obxectivo de reforzar o servizo galego de orientación laboral a través da contratación de 45 técnicos en 18 oficina de emprego que axudarán ás persoas sen emprego a mellorar as súas oportunidades laborais, co obxectivo de que poidan insertarse no mercado de traballo o antes posible e nunhas condicións axeitadas ao seu perfil profesional.

 

Na comarca do Baixo Miño serán 3 os novos orientadores profesionais da oficina de emprego de Tui, que prestarán especial atención aos parados de longa duración. É unha medida que forma parte do reforzo que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está acometendo no Servizo Público de Emprego de Galicia.


Estes novos profesionais incorporaranse proximamente o seu novo labor unha vez que rematen a formación específica, tanto teórica como práctica, que recibirán a partir da semana que vén no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).

 

Os orientadores facilítanlles ás persoas desempregadas información actualizada sobre o mercado de traballo, sobre accións de formación profesional para o emprego e o proceso de recoñecemento da experiencia laboral coas que poden mellorar a súa cualificación. Así mesmo, elaboran diagnoses individualizadas sobre o perfil e necesidades dos desempregados, que obteñen un itinerario personalizado de emprego para a súa posterior inserción laboral.

 

O servizo tamén está enfocado ás empresas, xa que os traballadores desta rede especializada na orientación contactan coas firmas para difundir as súas iniciativas e realizar unha prospección das súas necesidades, ao tempo que lles informan sobre os diferentes incentivos cos que conta a Administración autonómica para a contratación.

 

O Goberno galego pretende con esta actuación incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, prestando especial atención aos colectivos con dificultades de inserción a través de accións de atención constante e especializada en orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego.

 

Orientación aberta

Esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria enmárcase na Axenda 20 coa que se está a impulsar a calidade e estabilidade no mercado laboral ata 2020. Preténdese poñer en marcha, entre outras medidas, un novo modelo de orientación aberta, achegando o servizo aos usuarios e combinando accións presenciais e online; ademais de potenciar a atención a empresas tanto desde as oficinas de emprego como nas de apoio á empresa, orientándoas a servizos, pemes e emprendedoras.

 

Así mesmo, a Xunta quere afondar na formación continua do persoal técnico propio do Servizo Público de Emprego de Galicia, así como o dos centros colaboradores e demais persoal de apoio ao emprego e o emprendemento, desenvolvendo un currículo específico e especializado en relación aos servizos que se prestan.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones