Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

5 medallas para Os Teixugos na 1ª Copa de España -Jóvenes Promesas- de Slálom

Cinco foron as medallas acadadas polos teixugos na primeira das competicións da Liga Española de Promoción do Slálom.

Cinco foron as medallas acadadas polos teixugos na primeira das competicións da Liga Española de Promoción do Slálom.

Fecha: 02 de Julio de 2019

Fuente: Rosa Fernández Carrera

De novo esta fin de semana os máis pequenos do Club Deportivo Miño volveron as augas do río Xallas, desta vez para disputar a primeira Copa de España "Jóvenes Promesas". Nenas e nenos de entre oito e dezaseis anos de tódolos clubs de España déronse cita nas augas do campo de slálom do Couquiño en Dumbría, nunha fin de semana de competición, convivencia e reivindicación.

Cinco foron as medallas acadadas polos teixugos na primeira das competicións da Liga Española de Promoción do Slálom.

Impresionante foi o balance final das mulleres do noso club. Na categoría cadete Ainhoa Barreiro fixo a mellor baixada en K1, acadando a medalla de ouro por diante da tamén teixuga Alba Soutelo que foi segunda. As mesmas deportistas, pero en canoa ou C1, tamén dominaron o podio, sendo, nesta ocasión, o ouro para Alba e a prata para Ainhoa. A outra medalla foi para o tamén cadete Samuel Castro, que en canoa fixo o segundo mellor tempo, por detrás de Álex Segura do Atlético San Sebastián. Outros tres piragüistas completaron o equipo que acudiu a Dumbría, Sergio Rodríguez foi cuarto en K1 cadete, Mateo Álvarez foi vixésimo en K1 infantil A e Adrian Lluch oitavo en K1 Infantil B.

Esta xornada, e a da semana pasada, tiveron ademais un certo carácter reivindicativo, pois o slálom galego está loitando pola construción dunha canle de augas bravas en Galicia, que, de facerse, podería chegar a converterse nun importante motor económico e deportivo a nivel nacional, pois a única canle de augas bravas de España atópase na Seu D´Urgell, polo que unha canle galega mobilizaría a deportistas galegos, portugueses e casteláns.

Finalmente recordar que o vindeiro sábado día 6 de xullo, de catro a sete da tarde o Club Deportivo Miño-Teixugos celebra a súa xornada de portas abertas, dende o club animámosvos a acudir.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones