Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

50 equipos compiten este sábado no 6º Budiño Raid Eurocidade

Un conxunto de probas que tratan de probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia dos equipos combinando trekking, orientación específica, kaiak e bicicleta

Un conxunto de probas que tratan de probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia dos equipos combinando trekking, orientación específica, kaiak e bicicleta

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

50 equipos formados por tres ou por cinco persoas cada un, dependendo da categoría, participarán este sábado a partir das 9 h na Eurocidade no 6º Budiño Raid Eurocidade, 4ª e última proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2021 e Cto Galego da disciplina. O evento foi presentado esta mañá na casa do Concello de Tui e está organizado pola Asociación Deportiva A Forna de Budiño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal. 

 

O Raid é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia dos equipos en completa autonomía. Trátase dun raid de longa duración cun percorrido, descoñecido previamente polos participantes, duns 85 quilómetros de distancia nunha etapa de 5 sectores, para un tempo máximo de carreira de 10 horas. A proba comezará dende a rúa Olímpicos Tudenses, nos arredores do Centro Interfederado de Tui, e contará con 4 modalidades: trekking, orientación específica, kaiak e bicicleta.

 

A organización entregará aos participantes unha serie de mapas da zona moi elaborados cos diferentes percorridos a realizar. Un traballo cartográfico feito a man onde se introducen manualmente os diferentes camiños e indícase a ciclabilidade de cada un.

 

Na presentación do evento,  o director da Asociación A Forna de Budiño, Jose Cabaleiro, e os técnicos, Carlos Amil e Marcos Lago, ofreceron todos os detalles sobre esta competición e agradeceron o apoio recibido das administracións que colaboran para a súa celebración, especialmente ao Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença.

 

Pola súa banda, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e o vereador de Deporte de Valença, Mario Rui Oliveira, defenderon este tipo de competicións como unha mostra máis do traballo conxunto que se fai dende a Eurocidade Tui-Valença, e animaron a tudenses e valencianos a acudir mañá, á hora do inicio do campionato, aos exteriores do Centro Interfederado de Tui para coñecer como se desenvolven este tipo de probas deportivas.

 

Ás saídas e a entrega de mapas faranse de xeito ordenado e organizado en cumprimento do protocolo de prevención fronte a covid. O centro de competición, na Rúa Olimpicos Tudenses, estará pechado ó trafico o dia da proba e non estará permitido estacionar na zona acoutada nin na estrada de acceso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones