Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

5.500 persoas forman parte do grupo de facebook Camiño Portugués.Tui

Segundo as por agora últimas estatísticas de Facebook, o número total de visualizacións directas foi de 1.000.000

Segundo as por agora últimas estatísticas de Facebook, o número total de visualizacións directas foi de 1.000.000

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Marzo de 2023

Fuente: Concello de Tui

O grupo “Camiño Portugués. Tui” na rede social Facebook, promovida polo concello de Tui en xullo de 2020, acadou hai uns días a cifra de 5.500 seguidores, un dato que revela o éxito desta iniciativa de promoción da cidade tudense como a porta de entrada dos Camiños Portugueses en Galicia.  Este grupo naceu co obxectivo de cubrir unha das eivas que se detectaban na promoción da ruta xacobea ao seu paso pola cidade e a súa escasa presenza nas redes sociais, especialmente en Facebook, xa que esta rede é a máis empregada no ámbito da peregrinación.

En efecto, neste período de funcionamento son xa 5.500 os membros activos pertencentes a este grupo en Facebook, un número récord no mundo das redes sociais para seren un grupo centrado tan só nunha ruta e en concreto nunha cidade dela. A medida de visitantes diaria supera as setecentas persoas en tempada baixa como é a actual, tendo chegado a unha media de máis de millar e medio no verán pasado, con picos de dous mil. O perfil de membros é maioritariamente feminino, o que concorda co propio Camiño Portugués onde a presenza de mulleres é moi alta, evidenciando a seguridade que ofrece esta ruta. Préstase especial atención ao tramo Ponte de Lima – Santiago, así como ao do Camiño Portugués da Costa entre Caminha e Valença.

É un grupo de servizos, non tanto de debate, aínda que non se rexeita especialmente no que atinxe ao carácter histórico deste Camiño Portugués fronte a outras rutas como o Camiño Portugués da Costa ou a Variante Espiritual, carentes desa dimensión.

Segundo as por agora últimas estatísticas de Facebook, o número total de visualizacións directas foi de 1.000.000. As liñas de extrapolación ofrecidas polos estudos sociolóxicos permiten afirmar que, sumada esa cantidade ás visualizacións ou replicados nos outros grupos, a cifra total duplicaríase, ata chegar aos 2.000.000 de impactos.

Este perfil está atendido por ata catro persoas. Diariamente suben unha foto de actualidade a instagram (onde hai 1.003 seguidores) e entre dous e catro posts ao grupo de Facebook, incitando á interacción dos propios peregrinos. As entradas se replican diariamente nunha ducia dos 77 grupos que existen centrados no Camiño e Santiago e en varios idiomas.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, este grupo de facebook “Camino Portugués. Tui” ten respondido aos obxectivos para o que foi creado: ofrecer información sobre a nosa cidade para todos os usuarios interesados no Camiño Portugués e contribuír deste xeito ao posicionamento de Tui como referencia central das rutas de peregrinación xacobeas de Portugal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí