Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

600 escolares de Tomiño inícianse na práctica do remo

A través do proxecto -Náutica para todas as persoas-, promovido pola Associação Des-portiva e Cultural da Juventude de Cerveira e Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade de Tomiño.

Foi unha das iniciativas gañadoras do OPT 2018

Fecha: 27 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A través do proxecto -Náutica para todas as persoas-, promovido pola Associação Des-portiva e Cultural da Juventude de Cerveira e Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade de Tomiño. Foi unha das iniciativas gañadoras do OPT 2018

Achegar á mocidade ao río ao tempo que se fomenta a actividade deportiva, o lecer inclusivo e saudable e a unidade transfronteiriza. Estes son os obxectivos do proxecto ‘Náutica para todas as persoas', unha iniciativa promovida pola Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira (ADCJC) e Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade de Tomiño e unha das propostas gañadoras do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2018.

Este proxecto vén de rematar a súa segunda fase, na que 600 alumnos e alumnas de cinco centros de educación primaria (CEIP Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP Pedro Caselles Beltrán CEIP de Sobrada e CEIP Plurilingüe de Tebra) e do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño iniciáronse na práctica do remo durante os meses de outubro e novembro.

A proposta busca a divulgación da actividade física e a promoción entre a mocidade de ambas beiras do Miño do remo como un deporte completo, polo que tras este primeiro contacto co alum-nado dos centros educativos tomiñeses esta iniciativa desembarcará en Cerveira e achegará este deporte a outros 600 estudantes de entre 8 e 18 anos.

Para esta actividade, a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira leva ergómetros (simuladores de remo) aos centros educativos para que os alumnos e alumnas poidan experimentar este deporte en presenza dun monitor especializado.

Torneo da Amizade

A actividade rematará coa celebración a vindeira primavera do ‘Torneo da Amizade', unha competición na que participarán os tres mellores alumnos e alumnas de Cerveira e de Tomiño por idade e xénero, elixidos tras unha fase clasificatoria previa.

Na primeira fase deste proxecto, a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade organizou durante os meses de xullo e setembro actividades de turismo e deporte inclusivo con xornadas de navegación que tiveron como punto de partida o pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortale-za, nas que participaron 200 persoas con mobilidade reducida.

 

 

 

Vota no OPT 2019

O Orzamento Participativo Transfronteirizo forma parte da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fon-dos FEDER da Unión Europea. Nestes intres están abertas as votacións para a edición de 2019, nas que toda a cidadanía de Cerveira e Tomiño poderá elixir ata o vindeiro 16 de decembro aquelas dúas iniciativas que máis lles gusten entre as seis presentadas a esta edición do OPT. Os dous pro-xectos máis votados pola veciñanza serán os que se desenvolvan ao longo do vindeiro ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones