Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

800 alumnos dos centros escolares tudenses participan este venres no VIII Tui Le

Actuacións musicais e teatrais, intercambio de libros, photocall e unha exposición de carteis sobre Carlos Casares realizada polos escolares

Actuacións musicais e teatrais, intercambio de libros, photocall e unha exposición de carteis sobre Carlos Casares realizada polos escolares. Foto da edición 2014

Fecha: 12 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tui

Por oitavo ano consecutivo celébrase Tui Le, unha iniciativa das bibliotecas escolares tudenses e do Concello de Tui. Celebrarase no Teatro Municipal e na Sala de Exposicións da Área Panorámica de 9.15h a 13.15h con protagonismo especial para Carlos Casares, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Participaran 800 alumnos e profesores dos CEIP's nº 1, nº2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, CRA "Mestra Clara Torres" e dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, así coma o alumnado do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor.

Ao longo da mañá sucederanse as actuacións dos distintos centros coa adaptación musical do Hallelujah de Leonard Cohen, baile e cancións, fotonovela sobre o xogo da guerra, Kamishibai e dramatizacións sobre a Galiña Azul, poesía visual, rap sobre un poema de Rosalía, recitación de poesías de varios autores e orixinais do alumnado, representación e dramatización de contos infantís e de creación propia, representación teatral das As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares, vídeo de animación á lectura... Cada centro actuará durante cinco minutos, e haberá tres quendas de actuacións dunha hora cada unha ás 9.15h, 11.15h e 13.15h.

Amais, coma xa se levou a cabo en anos anteriores, haberá un intercambio de libros de tal xeito que cada alumnos que aporte un libro poderá levar outro dos que haberá na Área Panorámica. Outra das actividades será un photocall con alusión a esta oitava edición de Tui Le e doutras efemérides literarias coma o centenario do nacemento de Gloria Fuertes ou o Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares.

Precisamente a vida e obra de Carlos Casares será o obxectivo dunha exposición de carteis elaborados polos propios escolares.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones