Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AD Tomiño chama a apoiar aos seus Cadetes este luns ante o Sporting Guardés

O luns, ás 19:30 na Sangriña, un partido decisivo.

O luns, ás 19:30 na Sangriña, un partido decisivo.

Fecha: 10 de Abril de 2017

Fuente: AD Tomiño

Na AD Tomiño levamos toda a tempada agardando este momento. O luns, as 19:30 en A Sangriña, os nosos Cadetes AD teñen a oportunidade de pechar o ascenso e volver á Primeira Autonómica.

Logo da alegría pola permanencia dos Xuvenís AD certificada a pasada xornada, as miradas vólvense agora cara uns Cadetes AD que levan unha tempada para enmarcar: 72 puntos obtidos dos 78 disputados ata o momento para un equipo que, se aínda non gañou a liga, é polo extraordinario nivel dos seus perseguidores. En concreto dun UD Atios que non afrouxou durante todo o ano.

Así, o luns, na penúltima xornada da tempada, os rapaces comandados por Jesús e Bruno terán a primeira oportunidade de asegurar o primeiro posto do seu grupo. Pero o rival non será sinxelo: o Sporting Guardés, terceiro en discordia e un dos dous únicos equipos capaces de gañar aos nosos nesta tempada.

De gañar, os Cadetes AD colocaríanse con 75 puntos e serían campións de xeito matemático, acadando o obxectivo perseguido durante toda a liga. Ademais, AD Tomiño e Sporting Guardés son, respectivamente, o equipo máis goleador e o menos goleado neste grupo cadete polo que se prevé un encontro moi disputado.

Dende a AD Tomiño queremos animar aos nosos afeccionados a achegarse ata o campo de A Sangriña o luns ás 19:30 para apoiar aos nosos rapaces e desfrutar dun equipo que, durante todo o ano, nos ofreceu grandes partidos. O apoio da afección axudará aos nosos a dar o mellor de si e, tal vez, lograr os tres puntos que os fagan campións. Go Reds!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones