Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Agrupación Socialista de Tui elixe novo Comité Executivo

O ex-Alcalde de Tui Enrique Cabaleiro volta a encabezar a Comisión Executiva

O ex-Alcalde de Tui Enrique Cabaleiro volta a encabezar a Comisión Executiva

Fecha: 30 de Enero de 2018

Fuente: PSdeG-PSOE Tui

A Agrupación Socialista de Tui celebrou este sábado a Asemblea Extraordinaria para a elección do novo Comité Executivo, no que se apostou pola continuidade dos membros da anterior Executiva, para deste xeito, dar estabilidade e continuidade ó proxecto político iniciado xa no ano 2011 polo PSdeG en Tui.

A Comisión Executiva, elexida por aclamación dos militantes, queda integrada por dez membros, estando de novo encabezada polo ex Alcalde de Tui Enrique Cabaleiro, reelexido Secretario Xeral e na que están tamén os concelleiros do PSdeG de Tui, Yolanda Rodríguez como Secretria de Facenda e Programas e José Ramón Magán coma Secretario de Política Municipal e Réxime Interno. Sonsoles Vicente Solla seguirá a fronte da Secretaría de Organización e Militancia.

Durante o transcurso da Asemblea, Enrique Cabaleiro Secretario Xeral e ExAlclade, fixo balance dos dous anos e catro meses de goberno do PSdeG no Concello de Tui, no que salientou que durante este curto periodo de tempo abriuse en Tui un novo camiño político, de renovación e estabilidade institucional, recoñecendo a laboura e aportación dos Grupos Políticos cos que se compartiu Goberno, Son de Tui, Alternativa Tudense e BNG, o que permitiu levar adiante o programa político co que os socialistas se presentaron ás eleccións, cumprido nunha parte importante e truncado finalmente pola mocion de censura que se presentou en Outubro, e que segundo Enrique Cabaleiro, devolveu a Tui aos tempos políticos do pasado e fracturando a estabilidade institucional.

En canto a xestión, o ex Alcalde Enrique Cabaleiro, suliñou que durante o seu mandato redactáronse e aprobáronse no concello de Tui os proxectos de expropiación da rua Ourense, só pendente de licitación nestes momentos, redactándose tamén o proxecto de apertura desa rúa no sentido Sur. Asemade se redactaron e aprobaron os proxectos de construcción da rotonda do Alfonso I en Guillarei, a humanización da estrada de Caldelas, a construcción do muro dos xardíns Troncoso e a dotación presupuestaria para a construcción da Pasarela do Louro, todo isto por un importe de preto de un millón de euros. Tamén quedaron aprobados os proxectos de humanización da rúa Casal Aboy, a reforma dos edificios de piragüismo e nautico, a redacción do anteproxecto de parking na trasera da área panorámica, o cambio de luminaria no casco histórico, a rehabilitación do edificio a rúa Camilo Jose Cela e a adquisición do recinto aduaneiro, proxectos que alcanzan un importe de un millón seiscentos mil euros. Tamén quedaron redactados os proxectos de apertura de ruas vinculados ao Plan Xeral de Tui: a apertura da rúa Videira, a expropiación e equipamentos da Finca Lagarteira, a expropiación e dotación do patio do Colexio número 1 de Tui e os traballos iniciais de apertura da rua Irmáns Maristas e Ricamonde.

Asemade tamén se redactaron os proxectos de humanización da rua Augusto González Besda e Avda. da Concordia, os paseos fluviais do Miño e do Tripes e a rehabilitación do mercado de abastos e o seu entorno. Tamén se fixo fincapé nas medidas de modernización da administración local, coma a implantación da administración electrónica e os traballos de mellora nos equipamentos públicos coma parques e xardíns e tamén nos centros educativos e deportivos do Concello de Tui.

Enrique Cabaleiro finalizou a súa exposición manifestando a súa intención de voltar a presentarse de novo as eleccións municipais de 2019, recibindo o respaldo unánime da súa organización e que se formalizará dentro do prazo establecido polo partido para a formalización de candidaturas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones