Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Aloiada 2018 terá lugar os días 14 e 15 de xuño coa participación de todos os centros educativos de Tui

Máis de 200 nenos e nenas de 6º de Primaria convivirán durante dúas xornadas no Monte Aloia

Máis de 200 nenos e nenas de 6º de Primaria convivirán durante dúas xornadas no Monte Aloia

Fecha: 09 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

O pasado venres presentouse no salón de plenos do Concello de Tui a Aloiada 2018, que se celebrará os días 14 e 15 de xuño e na que participarán máis de 200 nenos e nenas de 6º de Primaria dos centros educativos de Tui.

Trátase dunha actividade organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns e Maristas, á que este ano se unen tamén por primeira vez os centros educativos de Randufe e Caldelas, e que conta coa colaboración co Concello de Tui. Os alumnos participantes realizarán durante os dous días diferentes actividades deportivas no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño.

Na presentación desta mañá interviñeron o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, a concelleira de Educación, Milagros González, a xefa de estudios do CEIP Nº1, Marta Álvarez, o director do CEIP Nº2, Luis Ruiz, o director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, o director do CEIP de Rebordáns, José Luís Martínez, a directora do CEIP de Guillarei, María Liliana González, a directora do CPR Santa María Maristas, Patricia Bugarín, e o director do CEIP de Randufe, Ricardo Alonso.

Na súa intervención o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, quixo destacar as que considera as tres dimensións principais desta actividade: a convivencia entre nenos de distintos centros educativos, o mellor coñecemento do medio natural tudense a través do Monte Aloia e o río Miño e favorecer o contacto coa natureza.

O concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, salientou a importancia de que este ano participen por primeira vez todos os centros educativos de Tui, así como os valores que pode aportar aos nenos e nenas antes de dar o paso á ensinanza secundaria. Resaltou amais que se trata dunha oportunidade para moitos cativos de realizar actividades ás que non teñen acceso.

A concelleira de Ensino, Milagros González, puxo o acento na incorporación dos CEIP de Randufe e Caldelas e na experiencia de convivencia que suporá a actividade para todos os participantes.

Manuel Fálquez, director do CEIP Pazos de Reis, foi o encargado de explicar como naceu o proxecto e a programación das xornadas, que se desenvolverán dende a primeira hora do xoves 14 até as 19h do venres 15 de xuño. As actividades que poderán realizar os nenos e nenas inclúen sendeirismo, hípica, orientación ou piragüismo.


A directora do CEIP de Guillarei, María Liliana González, falou na súa intervención da grande cantidade de colaboradores e patrocinadores privados que facilitan a realización das xornada. Amais recoñeceu o labor de todos os profesores que traballan para poñer en marcha o proxecto.

Os directores dos CEIP Nº2, Rebordáns e Randufe, así como a directora do Colexio Maristas e a xefa de estudos do CEIP Nº1 aproveitaron as súas intervencións para destacar tamén a aprendizaxe de convivencia que suporán as xornadas para os alumnos e alumnas, que se enfrontan cunha grande ilusión a esta iniciativa.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones