Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ALPINISTA CHUS LAGO EXERCEU DE MADRIÑA NA IX GALA DO DEPORTE GUARDÉS

Este venres celebrouse no Centro Cultural a IX Gala do Deporte Guardés que contou coa presenza da alpinista Chus Lago

Este venres celebrouse no Centro Cultural a IX Gala do Deporte Guardés que contou coa presenza da alpinista Chus Lago

Fecha: 08 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O acto incluíu o recoñecemento a cinco veciñas da vila por "toda unha vida facendo exercicio". O presentador foi o xornalista Terio Carrera

Este venres celebrouse no Centro Cultural a IX Gala do Deporte Guardés que contou coa presenza da alpinista Chus Lago. Esta recoñecida deportista viguesa exerceu de madriña do acto presentado polo xornalista deportivo Terio Carrera.

Os aplausos soaron en toda a bancada despois de que o presentador fora nomeando a todos e cada un dos deportistas galardoados nesta noite que, quen verdadeiramente gañou, foi o deporte da Guarda.

O momento máis emotivo da gala foi cando se fixo o recoñecemento a toda unha vida practicando deporte a cinco veciñas "magníficas" . Mª Asunción Alonso Portela, de 92 años; Carmen Fernández Cadilla, de 90 años; Josefina Alonso Portela, de 89; Visitación Martínez Baz, de 80; e Dolores Martínez Baz, de 76 años subiron ao escenario para recoller tan merecido galardón.

Chus Lago quixo aproveitar a ocasión para, ademais de falar das súas andanzas en Laponia ou os seus futuros proxectos, mandar unha mensaxe de concienciación co medio ambiente.

A gala terminou cunha gran foto de familia con todos os galardoados acompañados pola recoñecida alpinista e polo alcalde guardés, Antonio Lomba, quen non dubidou en felicitar a todos os deportistas e tamén as súas familias e en anunciar que no próximo pleno se aprobarán, finalmente, unhas novas bolsas para deportistas que teñan que viaxar para participar en diferentes competicións.


Relación de galardoados nesta IX Gala do Deporte Guardés

Recoñecemento como mellores deportistas 2015:
1. Henar Baz Lomba (judoka do majo)
2. Aser Estévez Cividanes ( ciclista )
3. Yahir Pena Peniza (judoka do majo)
4. Alejandro Pena Peniza (judoka do majo)
5. Rosalía Soler (natación)
6. Carlos Lomba Míguez (loita olímpica)
7. Lucía Ameal Pereira (portera fútbol)
8. Carlos Reboredo Diego (judoka do majo)
9. Brais Pereira Amorín (judoka do majo)
10. Tecla Cadilla Acevedo ( judoka do majo)
11. Sergio Rodríguez Teixeira (atleta)
12. Rodrigo Conde Romero (remo robaleira)
13. Jesús González Álvarez ( remo robaleira)
14. Sergio Pérez Moreno ( remo robaleira)
15. Nuria Domínguez Asensio ( remo robaleira)
16. Damián Alonso Alonso ( remo)
Recoñemento a mellor iniciativa deportiva : trail monte trega
Recoñecemento pola súa difusión da práctica deportiva entre toda a poboación: piscina municipal : empresa transgalaica
Recoñecemento aos mellores equipos 2015:
Do club san xerome :
Equipo de baloncesto feminino: campeón da liga de baloncesto fgda 2015 ( adestrador: David Parada Fernández) composto por: Jennifer Álvarez González , Celia López Camacho, Andrea Piña García, Nuria Pereira Méndez, María Fernanda García Orduña, Rosalía González Fonseca, Maria Teresa Rodríguez Barros, Maite Santos Fernández, Vanesa Martínez Dacuña.
Equipo de atletismo: medalla de bronce no campeonato de España de campo a través 2015 ( adestrador: Roberto Martínez Trigo) composto por: Luis Antonio Sández García, Armando Verde Moreira , Borja Cadilla Lomba.
Do club de remo robaleira ( club que actualmente ocupa no ranking nacional o 8º posto e o 1º galego)
Equipo xuvenil masculino oro no campionato galego de ergómetros por equipos, plata no galego e nacional de bateis e oro no galego e plata no nacional de trainerillas, formado por: Rodrigo Conde Romero, Gabriel Lozoya González, Víctor Núñez Quintela, Adrián González Fernández, Noé Domínguez Pombal, Francisco Domínguez Barreiro, Fernando Rivero Álvarez, Samuel Sobrino Duarte e Fernando Verde Lomba.
Equipo xuvenil feminino oro no campionato galego de ergómetros por equipos, en batel oro no campionato galego e plata no nacional, formado por Eva Mariño Martínez, Paula Piñeiro Varela, Raquel Comesaña Blanco e Denisse Pena Lestón.
Equipo cadete masculino oro no campionato galego de ergómetro por equipos, en batel plata no campionato galego e bronce no nacional, en banco móvil oro no campionato galego de 4x, plata no 2- e bronce no 2x, formado por Miguel Martínez Baz, Javier Domínguez Juliani, Hugo Aldea Barbosa, Martin Barreiro Baz, Nicolás Lomba Alonso e Fernando Verde Lomba.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones