Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Área Deportiva do Mosteiro en Tomiño suma á súa oferta unha nova pista de atletismo

A instalación, coma ocorre coas pistas de tenis e pádel, serán de uso compartido entre alumnado do colexio Pedro Caselles e veciñanza en xeral

O investimento foi de 54.716 euros, financiados a través do Plan Concellos 2016, da Deputación Provincial

Fecha: 07 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello vén de dotar ás instalacións da Área Deportiva do Mosteiro (parroquia de Santa Mª de Tomiño) cunha nova pista de atletismo de catro calles. Esta nova instalación vén a sumarse ás tres pistas de tenis e outra de pádel, que se poñen ao servizo da cidadanía e tamén da comunidade escolar do colexio Pedro Caselles.

Debido ás posibilidades dimensionais do espazo, construíuse unha pista de 200m de lonxitude, adaptada ao espazo físico da parcela.
O investimento total foi de 54.716 euros financiados a través do Plan Concellos 2016, da Deputación de Pontevedra.

En resposta ás necesidades dos usuarios potenciais (alumnado do CEP Pedro Caselles e veciñanza en xeral, fora do horario escolar) e ás posibilidades de mantemento, utilizouse un pavimento de morteiro acrílico executado sobre aglomerado asfáltico, que se asenta, á súa vez, sobre unha base de zahorra mellorada.

Asemade, construíuse unha rede de drenaxe para evitar o empozamento de auga nesta zona, xa que en tempos de choiva se anega con facilidade.
Por outra banda, o espazo interior da pista acondicionouse con céspede natural, co propósito de empregalo como campo de fútbol.
Foi necesario ademais facer un peche que restrinxa o acceso ao colexio, dos veciños que usan as pistas fora do horario escolar, e á contra, para que durante o horario escolar, o acceso á pista, se realice unicamente dende o colexio.

Con esta nova obra, a Área Deportiva do Mosteiro conta cunha pista de atletismo, tres de tenis e unha de pádel, que ocupan 5.405 m2 da parcela. A estas hai que sumar as instalacións do CEP Pedro Caselles (dúas pistas pequenas de baloncesto, outra polivalente e un campo de volei), que ocupan outros 25.000 m2. O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, salienta que a utilización conxunta de todas as instalacións "supón un equipamento deportivo moi completo, se se realiza un uso sostible e razoable deste espazo".

Explica o edil que comprobado a frecuencia de usos e a demanda das pistas da área deportiva Mosteiro, estimouse pertinente posibilitar o uso compartido das instalacións do colexio público Pedro Caselles coas da área deportiva Mosteiro, racionalizando o uso destas instalacións nos horarios nos que o centro se atopa pechado.
"É intención do Concello de Tomiño promover as actividades deportivas, e potenciar o uso deste espazo, entendendo como unha oportunidade o poder compartir co público Pedro Caselles as pistas que dispoñen ambas instalacións. Trátase así de rentabilizar deste xeito o uso das instalacións deportivas, prolongando así o seu uso mais alá do horario escolar, incluso en períodos non lectivos, e chegando así a moitos mais usuarios", comenta Troncoso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones