Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Área Panorámica tínguese este xoves de morado co gallo do Día Mundial do Alzheimer

O venres pasará por Tui a iniciativa Reta3 Muévete por el Alzheimer

O venres pasará por Tui a iniciativa Reta3 Muévete por el Alzheimer

Fecha: 21 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Tui súmase este xoves día 21 de setembro, á celebración do Día Mundial do Alzheimer coa iluminación en morado do edificio da Área Panorámica na rúa Colón. Deste xeito quérese visibilizar esta doenza, que na área de Vigo afecta a máis de 10 mil persoas. O Concello de Tui responde así á solicitude neste senso feita dende AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia. O lema deste 2017 é "Recorda quen son" co que se pon o acento tanto nas persoas que sofren alzhéimer ou outra enfermidade neurodegenerativa, como nos seus coidadores/as e familiares, que teñen que enfrontarse día a día a esta realidade.

Cómpre lembrar que AFAGA conta na antiga Escola de Chans en Randufe co Centro Comarcal de Atención ao Alzheimer do Baixo Miño onde desenvolven obradoiros de estimulación cognitiva e funcional.

Por outra parte este venres, 22 de setembro, chegará a Tui a iniciativa Reta3 Muévete por el Alzheimer, levada a cabo por un mozo de Gondomar, Daniel Fernández, coa que busca recadar fondos para a posta en marcha de novos programas e servizos dirixidos a enfermos de Alzheimer a través de AFAGA. Daniel Fernández, cuxo avó faleceu a causa do Alzheimer, sairá ás 9.30h dende o centro de Día de AFAGA en Vigo pasando por Redondela, Mos, O Porriño, Ponteareas, Salceda, Tui, A Guarda, Baiona e Nigrán, regresando ao punto de partida. Daniel Fernández ao seu paso por Tui, sobre ás 13h do venres, será recibido polas autoridades municipais na casa do concello. En total completará 200 quilómetros en bicicleta en aproximadamente 4 horas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones