Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A artesanía será a protagonista esta fin de semana no conxunto histórico de Tui

42 artesáns participarán na XXII Feira de Artesanía que se celebrará o sábado 5 e o domingo 6 de 12 a 22h

42 artesáns participarán na XXII Feira de Artesanía que se celebrará o sábado 5 e o domingo 6 de 12 a 22h

Fecha: 05 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tui

O conxunto histórico de Tui será o escenario esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de maio, da XXII Feira de Artesanía organizada polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui. O obxectivo desta actividade, que conta cunha longa tradición na cidade, é apoiar a difusión e comercialización do produto artesán, ao tempo que se dinamiza o conxunto histórico da cidade e o centro comercial aberto.

Dende o sábado a mediodía e ata o domingo a última hora da tarde corenta e dous artesáns, dos que quince son de Tui, todos eles con carta de artesán amosarán as súas creacións en cerámica, téxtil, madeira, vidro, ... Estarán distribuídos pola rúa Ordóñez e a Praza de San Fernando. Amais na praza de San Fernando participarán tamén a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui.

Ao tempo está prevista a actuación de varios grupos folclóricos de Tui. O sábado será a quenda de Seixos Albos de Areas (12h), Lembranzas da Terra de Guillarei (13h), Laxes de Paramos (18h) e Inquedanzas de Pazos de Reis (20h), e o domingo actuarán O Mosteiro de Pexegueiro (12h), Santa Columba de Ribadelouro (18h) e Arume de Malvas (20h). Amais tanto o sábado coma o domingo haberá inchables para os cativos no Paseo da Corredoira.

A concelleira de Comercio, Yovana Velázquez, convida a visitar Tui esta fin de semana pasear polo conxunto histórico e coñecer a artesanía elaborada tanto en Tui coma en Galicia, ao tempo que disfrutar da nosa cultura tradicional a través do folclore local.

XXII Feira de Artesanía de Tui

• Lugar: rúa Ordóñez, Praza do Concello e Praza de San Fernando
• Data: Sábado 5 e domingo 6 de maio de 12 a 22h
• Participan: 42 artesáns galegos (15 de Tui), a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones