Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova organiza un coloquio sobre feminismo este sábado en Tui

Este sábado 25 de febreiro, ás 17:00, na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui

Este sábado 25 de febreiro, ás 17:00, na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui

Fecha: 25 de Febrero de 2017

Fuente: BNG - Tui

Sabías que as mulleres somos, en termos comparativos, a maior forza produtiva e a que máis traballa? E que, pola contra, no mundo somos propietarias de tan só o 1% da terra? Este exemplo describe a feminización da pobreza, unha forma de violencia contra as mulleres que nos somete á dependencia económica. Debido ás consecuencias da crise e ás políticas do governo actual contrarias á emancipación das mulleres, na Galiza aumentaron a precariedade e o paro feminino, e moitas de nós fomos relegadas ao ámbito doméstico, pasando a depender economicamente dos homes. Isto provoca que nunha sociedade machista eles tomen o control do diñeiro.
 





En todo o mundo, o terrorismo machista está presente tanto física como estruturalmente. Esta violencia que se pon de manifesto no número de mulleres asasinadas cada ano a mans dos seus "compañeiros", levou por diante a máis de medio cento no Estado español e sete na Galiza so durante o 2014. Foron asasinadas polo feito de ser mulleres nunha sociedade machista e patriarcal, que entende as relacións entre homes e mulleres a través da dominación, o control e a dependencia.

Para falar disto, e, outras cuestións, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova no Baixo Miño facemos un chamamento a toda a veciñanza da comarca a que asista á charla coloquio que vai ter lugar este sábado 25 de febreiro, ás 17:00, na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui para debater entre tod@s sobre feminismo. Contaremos coa participación de Sara Freeiría, militante de Galiza Nova en Tui, e Rebeca Cambeiro, responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones