Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A asemblea local do BNG de Tui non se ve noutro sitio que traballando desde a oposición

A Asemblea Local do BNG en Tui reunida onte, 19 de xuño, decidiu, sen ningún voto en contra, e con só duas abstencións, exercer o papel de oposición no concello de Tui durante os próximos catro anos.

Fecha: 21 de Junio de 2019

Fuente: BNG Tui

A Asemblea Local do BNG en Tui reunida onte, 19 de xuño, decidiu, sen ningún voto en contra, e con só duas abstencións, exercer o papel de oposición no concello de Tui durante os próximos catro anos.

Os dous concelleiros do BNG votaran xa a favor do candidato socialista á Alcaldía, cumprindo co compromiso electoral de pechar o paso a gobernos de dereitas. Hai unha maioría de forzas que se autodenominan progresistas no pleno e, entre esas forzas, o PSOE foi a máis votada; por respecto á vontade das e dos tudenses e por congruencia coas nosas posicións políticas, o BNG decidiu dar o apoio a Enrique Cabaleiro na sesión de investidura.

Agora ábrese unha nova etapa, na que a cidadania falou e otorgou ao Partido Socialista a confianza para exercer o governo e levar adiante o seu programa eleitoral. "A asemblea local asume así o papel que nos corresponde como resultado das eleccións. A nosa vontade é exercer a oposición, como viñemos facendo nos últimos anos, de xeito construtivo e dialogante", indicou Míriam Rodríguez, responsábel local, unha vez terminada a asemblea na que o BNG se sitúa xa definitivamente fóra do goberno municipal.

Para o BNG son importantes as formas de gobernar, é imprescindíbel que haxa diálogo e respecto á pluralidade. Cremos que hai que ser firmes e esixentes á hora de defender os intereses de Tui, tamén en asuntos que dependan doutras administracións. O nacionalistas consideran que as políticas municipais deben ter unha orientación cara un urbanismo á medida das persoas, facer fronte ao grave problema da vivenda, fortalecer as políticas sociais e un novo modelo de mobilidade e unha aposta constante de defensa do medioambiente, así como manter un compromiso claro coa lingua e a cultura galegas.

Os votantes do BNG poden estar seguros que o noso traballo desde a oposición será sério e rigoroso, fuxindo das crispacións, apoiando as medidas que o novo goberno adopte que se sexan congruentes co noso programa eleitoral e facendo propostas en positivo encamiñadas á mellora da cualidade de vida dos e das tudenses.

"A asemblea local do BNG de Tui non se ve noutro sitio que traballando desde a oposición"

Xoves 20 de xuño de 2019. A Asemblea Local do BNG en Tui reunida onte, 19 de xuño, decidiu, sen ningún voto en contra, e con só duas abstencións, exercer o papel de oposición no concello de Tui durante os próximos catro anos.

Os dous concelleiros do BNG votaran xa a favor do candidato socialista á Alcaldía, cumprindo co compromiso electoral de pechar o paso a gobernos de dereitas. Hai unha maioría de forzas que se autodenominan progresistas no pleno e, entre esas forzas, o PSOE foi a máis votada; por respecto á vontade das e dos tudenses e por congruencia coas nosas posicións políticas, o BNG decidiu dar o apoio a Enrique Cabaleiro na sesión de investidura.

Agora ábrese unha nova etapa, na que a cidadania falou e otorgou ao Partido Socialista a confianza para exercer o governo e levar adiante o seu programa eleitoral. "A asemblea local asume así o papel que nos corresponde como resultado das eleccións. A nosa vontade é exercer a oposición, como viñemos facendo nos últimos anos, de xeito construtivo e dialogante", indicou Míriam Rodríguez, responsábel local, unha vez terminada a asemblea na que o BNG se sitúa xa definitivamente fóra do goberno municipal.

Para o BNG son importantes as formas de gobernar, é imprescindíbel que haxa diálogo e respecto á pluralidade. Cremos que hai que ser firmes e esixentes á hora de defender os intereses de Tui, tamén en asuntos que dependan doutras administracións. O nacionalistas consideran que as políticas municipais deben ter unha orientación cara un urbanismo á medida das persoas, facer fronte ao grave problema da vivenda, fortalecer as políticas sociais e un novo modelo de mobilidade e unha aposta constante de defensa do medioambiente, así como manter un compromiso claro coa lingua e a cultura galegas.

Os votantes do BNG poden estar seguros que o noso traballo desde a oposición será sério e rigoroso, fuxindo das crispacións, apoiando as medidas que o novo goberno adopte que se sexan congruentes co noso programa eleitoral e facendo propostas en positivo encamiñadas á mellora da cualidade de vida dos e das tudenses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones