A nova directiva da Asociación de Parkinson do Baixo Miño, lembralles os/as socio/as da mesma, que durante esta semana de luns a venres, de 18:00 a 20:00 horas, estaremos na nosa oficina situada na Área Panorámica de Tui.
Daremos entrega de diversa documentación, así como a recollida da solicitada por nos.
Tamén todo/as o/as interesado/as na asociación, que nos queiran achegar alguna dúbida ou de algún modo colaborar con nos, ou facerse socio, serán benvidos.
Esperamos a colaboración de todo/as, polo ben da asociación.


