Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A aula da UNED acolle unha charla sobre a educación en diversidade do programa -Tui con orgullo-

Hoxe xoves e mañá venres prosegue a programación ?Tui con orgullo? organizada polo concello de Tui a través da concellería de Igualdade con motivo do Día do Orgullo que tivo lugar o pasado 28 de xuño

Hoxe xoves e mañá venres prosegue a programación ?Tui con orgullo? organizada polo concello de Tui a través da concellería de Igualdade con motivo do Día do Orgullo que tivo lugar o pasado 28 de xuño

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

“Educando para o século XXI. Abrazando a diversidade” é o título da charla que hoxe xoves ás 20.30 h ofrecerá  Ana Ojea Alonso, profesora de Secundaria, titora LGTBIQA+ e coordinadora do programa de Atención á Diversidade Sexual, de Identidade de Xénero e Familiar dende o curso 2016/17 no IES Politécnico de Vigo. A poñente é tamén cofundadora e coordinadora da asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia e formadora de profesorado e creadora de material didáctico sobre diversidade sexoxenérica e familiar.

Mañá venres, as actividades previstas terán lugar no Paseo da Corredoira. De 16.30 a 20.30 h estará a Corredoira a caravana LGTBIQA+. Dúas técnicas, unha psicóloga e unha asesora xurídica, atenderán a todas aquelas persoas que desexen atopar respostas ás súas inquedanzas e dúbidas. Tamén contará cun espazo para consultas privadas.

A partir das 20.30 h terá lugar o “Serán de Fantasía”.  Este acto comezará co espectáculo “A drag pandereteira” a cargo de Meiga-I, que creará unha auténtica fantasía galega, pondo en valor a diversidade e a cultura propia, nunha performance na que fusiona o folk galego coa disciplina drag.  A continuación ás  21.30 h, actuará a Big Band formada polo alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui, que se suman a esta celebración da diversidade.

O palco da música no mesmo Paseo da Corredoira está iluminado esta semana coas cores do arco da vella, e colocouse unha bandeira coas cores representativas do colectivo LGTBI e o lema da programación “Tui con Orgullo”. Tamén na casa do concello colgouse a bandeira coas cores do arco da vella, neste caso son badeiríns realizados en crochet polas alumnas do obradoiro Cucapuntoes.

 

Tui con Orgullo

  • Xoves, 30 de xuño, ás 20.30 h na Aula da UNED
    • Charla “Educando para o século XXI. Abrazando a diversidade” a cargo de Ana Ojea Alonso, profesora de Secundaria, titora LGTBIQA+ e coordinadora do programa de Atención á Diversidade Sexual, de Identidade de Xénero e Familiar
  • Venres, 1 de xullo, no Paseo da Corredoira “Serán de Fantasía”
    • De 16.30 a 20.30 h estará no Paseo da Corredoira a caravana LGTBIQA+. Dúas técnicas, unha psicóloga e unha asesora xurídica, atenderán a todas aquelas persoas que desexen atopar respostas ás súas inquedanzas e dúbidas. Tamén contará cun espazo para consultas privadas.
    • Ás 20.30 h espectáculo a cargo da drag pandereteira Meiga-I
    • Ás 21.30 h actuación da Big Band do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí