Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A aula da UNED de Tui abre no seu horario habitual

Un acordo entre o Concello e a UNED solucionou o problema da vacante do posto de conserxe do centro

Un acordo entre o Concello e a UNED solucionou o problema da vacante do posto de conserxe do centro

Fecha: 19 de Febrero de 2018

Fuente: Aula Uned Tui

O próximo luns, 19 de febreiro, volverá abrir no seu horario habitual - de luns a venres de 16 a 21h - a Aula da UNED de Tui logo acordo chegado nos últimos días entre o Concello e a UNED no referido á contratación dun conserxe para este centro. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, indica que hai que felicitarse polo acordo chegado entre ambas institucións que contempla que a UNED contratará ao persoal preciso e o concello asumirá os gastos que conleve esta contratación laboral que pasará a depender da propia universidade. Deste xeito a aula tudense contará cun traballador sen relación laboral co concello, o que evitará as situacións de irregularidade que se viñan dando, o rexedor destacou que a relación entre Concello e UNED sae fortalecida cunha delimitación clara do papel de cada institución.

O Concello de Tui tal e coma viña facendo até o momento segue a asumir o mantemento do edificio o custe do persoal pero deixándose de encargar da contratación do conserxe.

Deste xeito a aula tudense da UNED volverá abrir de luns a venres de 16 a 22h para acoller as titorías tanto do Grao en Psicoloxía que se imparte no centro coma dos cursos de acceso á universidade para maiores de 25 e de 45 anos.

A próxima semana está previsto tamén o comezo de novos cursos de Extensión Universitaria nos que pode participar calquera persoa interesada, sin requisitos mínimos de formación previa. O martes 20 comezará o curso "Lingua de signos.Nivel III", o mércores 21 o de "Emprendedurismo e marketing dixital: trucos para potenciar a túa empresa en redes sociais" e "Ferramentas TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación) para uso educativo", mentres o venres 23 iniciarase a "Escola de familias II. Unha conspiración educativa".

En marzo o día 1 comezará o curso "Inglés III", o 3 de abril "Adolescencia: Estratexias para a resiliencia e o autoconcepto", o 14 de maio "Deixa de fabricar medos. Conquista o teu Equilibrio Emocional" e o 23 de maio "Iniciación á cata".

A Aula da UNED en Tui comezou a funcionar no curso 2010/2011 ofrecendo inicialmente o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos, e no curso 2012/2013 incorporou o grao en Psicoloxía.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones