Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres reparada trala explosión de Paramos

Os alumnos e alumnas do Souto nas últimas semanas asistiron a aula de Baldráns, e esta mañá celebraban xunto ás súas familias poder regresar a súa clase no Souto, ao tempo que despediron o curso.

Os alumnos e alumnas do Souto nas últimas semanas asistiron a aula de Baldráns, e esta mañá celebraban xunto ás súas familias poder regresar a súa clase no Souto, ao tempo que despediron o curso.

Fecha: 22 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

Os once alumnos e alumnas da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron hoxe o curso escolar 2017/18 no seu centro logo de que foran reparados os danos ocasionados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre. Até o colexio achegáronse na mañá deste xoves o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Estivo tamén presente a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez, a titora e pais e nais do alumando.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, agradeceu á consellería de Educación a "axilidade e prontitude de resposta para arranxar as aulas", tanto a do Souto coma a de Paramos, ao que tempo que se congratulou de que os nenos poidan volver a despedir o curso a súa escola que tras as actuacións realizadas presenta un mellor estado. Salientaba o rexedor que "este é un paso significativo que se da con rapidez e que nos ten que levar a retomar a normalidade". No mesmo sentido pronunciou a concelleira de Educación, Mila González, agradecendo a preocupación dende o primeiro día por parte do xefe territorial.

Mentres o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, explicou que investiron 20 mil euros no cambio das ventás, pulido do piso e mellora de toda a instalacións, tanto na aula do Souto, coma de Paramos, aínda que esta última arestora non ten alumnado.

Os alumnos e alumnas do Souto nas últimas semanas asistiron a aula de Baldráns, e esta mañá celebraban xunto ás súas familias poder regresar a súa clase no Souto, ao tempo que despediron o curso.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones