Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AULA MÓBIL DO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL CHEGA ESTE MÉRCORES A TUI CON CHARLAS INFORMATIVAS

A cita en Tui será ás 10 horas na aula situada no Edificio Area Panorámica (Rúa Colón, 2)

Todos os interesados en acudir ás xornadas informativas ou visitar a aula móbil poden acudir sen cita previa ou ben anotándose no teléfono 881 99 57 00

Fecha: 11 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O programa de Garantía Xuvenil, que coordina a Consellería de Economía, Emprego e Industria, continúa a campaña informativa que percorrerá preto dun cento de concellos galegos. Esta semana, a aula móbil visitará a vila de Redondela, onde estará instalada o mércores 11 e o xoves 12, en horario de 12 da mañá a 8 da tarde, ao carón do concello (Rúa Alfonso XII, 2).

Ademais, o mércores 11 haberá charlas informativas nos concellos de Tui e O Porriño. As sesións desenvolveranse nas aulas CeMIT destas dúas vilas. A cita en Tui será ás 10 horas na aula situada no Edificio Area Panorámica (Rúa Colón, 2), mentres que no Porriño, a charla será no Multicentro de Torneiros (Ribeira, s/n).

O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados. Este plan de Garantía Xuvenil está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

Todos os interesados en acudir ás xornadas informativas ou visitar a aula móbil poden acudir sen cita previa ou ben anotándose no teléfono 881 99 57 00. As charlas son de libre acceso e contarán coa presenza dun orientador que explicará os beneficios da estratexia de Garantía Xuvenil e solventará todas as dúbidas dos asistentes.

Para máis información, pódese visitar o sitio web do programa de Garantía Xuvenil (garantiaxuvenil.xunta.es), así como os perfís habilitados en Facebook e Twitter.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones