Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A axencia de doazón de órganos e sangue subliña a necesidade de doar de cara aos festivos de Semana Santa

A unidade móbil estará en Tui o mércores día 12 de abril

A unidade móbil estará en Tui o mércores día 12 de abril

Fecha: 08 de Abril de 2017

Fuente: ADOS

Facilitar o acceso dos cidadáns á doazón de sangue é o principal obxectivo da campaña de doazón en Semana Santa que promove a Consellería de Sanidade, por medio da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). As dez unidades móbiles de ADOS visitarán nas xornadas previas aos festivos de Semana Santa, ao redor de 40 concellos para acadar unha media de 500 doazóns diarias, as precisas para garantir o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

 

As necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen neste período vacacional polo que é necesario manter estable o volume de doazóns de sangue, nun período no que se rexistra unha maior deslocalización dos doadores e doadoras habituais.

 

Doazóns diarias

Durante a campaña de doazón en Semana Santa do presente ano, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue tenta acadar unhas 3.000 doazóns de sangue, cifra que permitirá desenvolver unha media diaria de 500 intervencións cirúrxicas, atender 3.000 urxencias e realizar 3 transplantes de órganos e tecidos.

 

Neste intre, o chamamento a participación é xeneralizado e precísanse doazóns de todos os grupos sanguíneos polo que ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

 

DATA

CONCELLOS

Venres 7 de abril

Carballo, Cantón Pequeno (A Coruña), Cabo de Cruz (Boiro), Praza de Armas (Ferrol), Noia, Burela, O Carballiño, A Guarda, Moaña e Vilagarcía de Arousa

Sábado 8 de abril

Carballo, Cedeira, Noia, Cervantes, Navia de Suarna, A Guarda e Vilagarcía de Arousa

Luns 10 de abril

Betanzos, Cerceda, Dumbría, Mazaricos, Monfero, Sarria, Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadañedo, Bueu, Crecente e Zona As Travesas (Vigo).

Martes 11 de abril

Bº Monte Alto (A Coruña), Carnota, Narón, Ordes, Ribeira, Monforte, Rúa do Paseo, O Grove, Salvaterra de Miño e Rúa Príncipe (Vigo)

Mércores 12 abril

As Pontes, Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Boiro, Culleredo, Ribeira, Vilalba, Verín, Salvaterra de Miño, Tui e Vilanova de Arousa

 

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

 

LUGAR

HORARIO

AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (Santiago)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

(Ferrol)

Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)

Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)

Luns das 08.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)

Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

 

Doar: moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí