Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A axenda de xullo ven cargada de actividades para todas as idades na Guarda

Tódalas actividades contan con aforo limitado, protocolo covid-19 e é preciso inscrición previa

Tódalas actividades contan con aforo limitado, protocolo covid-19 e é preciso inscrición previa

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Julio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda ven de publicar a axenda de xullo, que este ano trae actividades para todas as idades cunha programación moi diversa que conta con concertos, actividades deportivas, espectáculos infantís, visitas guiadas, entre outras.

 

A programación de xullo arrancou xa na pasada fin de semana con diversos pasarrúas e actividades para conmemorar a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que este ano non se puido realizar por mor das restricións sanitarias.

 

A programación continúa dende o venres 9 de xullo con “AGuarda Diversa”, que, ao longo da fin de semana, ofrecerá mesas redondas, faladoiros, obradoiros infantís, e música en torno á diversidade LGTBI, algunhas destas actividades serán retransmitidas por streaming na canle de Youtube do Concello. As inscricións están abertas no Centro de Información á Muller da Guarda.

 

O xoves 15 de xullo terá lugar a primeira actividade de Deporte de Verán cun Curso de Surf, as inscricións están xa pechadas.

Tamén nesta xornada ás 20:30h o Auditorio de San Benito acollerá unha sesión de teatro familiar coa obra “A Illa sen Tesouro”, inscricións abertas en centrocultural@aguarda.es

 

O sábado 17 de xullo ás 20:30h o Auditorio de San Benito será o escenario para a actuación do grupo de baile tradicional “O Fiadeiro”, inscricións abertas en centrocultural@aguarda.es

 

O domingo 18 ás 10:30h o Puntal(Camposancos) acolle unha sesión de Ioga ao aire libre organizada dende a Omix, as inscricións están abertas na OMIX en información@aguarda.es

Tamén na xornada do domingo, ás 16:30h terá lugar a segunda actividade de Deporte de Verán, cunha saída en caiac polo Río Tamuxe, as inscricións están abertas na OMIX en información@aguarda.es

 

A música chega á Guarda pola porta grande na fin de semana do 23 e 24 de xullo co festival musical “A Guarda, Mar de Blues”, que terá lugar na Praza do Reló e que traerá a grandes artistas coma Marcos Coll, Javier Turnes ou Peter Storm & Blues Society, así coma master class para os asistentes, inscricións abertas en centrocultural@aguarda.es

 

Para rematar o mes de xullo, na derradeira fin de semana do mes, chega o espectáculo de maxia “Titanic” con Cayetano Lledó, que terá lugar o venres 30 de xullo ás 20:30h no Auditorio de San Benito, inscricións abertas en centrocultural@aguarda.es

 

O sábado 31 de xullo ás 21:00h a Praza do Reló acolle o concerto do grupo de clarinetes “Klason” da Agrupación Musical do Rosal, inscricións abertas en centrocultural@aguarda.es

 

Máis programación

 

Ao longo do verán, todos os mércores, terán lugar as sesións de “Teatro no Trega: A viaxe de Exeria ao Castro”, unha actividade que conta con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h e que require unha inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

 

Tamén este verán A Guarda puxo en marcha “Venres de xullo baixo as estrelas” una actividade de observación astronómica, que ten lugar os venres de xullo(agás o 16) ás 23:00h no Puntal(Camposancos) e para a que é preciso una inscrición previa a través do correo aguarda.oficina.turismo@gmail.com

 

O Concello da Guarda aposta novamente este verán polas visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, que se repiten de xoves a domingo en varios horarios e en tres emprazamentos, o Castro Calvo, o Castro de Mergelina e o Patrimonio relixioso. É preciso unha inscrición previa no  017 038 ou en masat@aguarda.es

 

O Concello da Guarda continúa a apostar pola seguridade e o cumprimento das medidas de seguridade pola covid-19 na súa programación de actividades, que contan cun estrito protocolo e para as que é preciso unha inscrición previa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí