Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Axenda Urbana de Tui convoca ás directivas das asociacións e colectivos á presentación da diagnose da cidade

O alcalde, Enrique Cabaleiro, informa que se pecha o proceso participativo e comeza a redacción do plan de acción da Axenda Urbana de Tui

O alcalde, Enrique Cabaleiro, informa que se pecha o proceso participativo e comeza a redacción do plan de acción da Axenda Urbana de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

A Axenda Urbana de Tui pechou o seu proceso participativo e convoca ás directivas de asociacións, colectivos, comunidades de montes e clubs deportivos á presentación do informe de diagnose que terá lugar este mércores, 20 de xullo, ás 20:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

O  alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, informa que nos últimos meses o equipo de redacción da Axenda Urbana de Tui mantivo reunións coas asociacións e colectivos tanto das parroquias como do centro urbano para realizar unha análise DAFO na que recoller a visión da veciñanza das eivas e fortalezas da súa cidade.

O proceso de participación contemplou tamén entrevistas individuais con todos os voceiros e as voceiras dos grupos da Corporación, con técnicos municipais e con distintas persoas vencelladas profesionalmente ou culturalmente con Tui.

Ademais, realizáronse enquisas telefónicas estatisticamente representativa por cotas de idade, sexo e lugar de residencia (parroquias e centro urbano); unha enquisa que preservou a identidade das persoas.

Na páxina web da Axenda Urbana de Tui, tamén se recolleu o parecer da cidadanía e das persoas que nos visitan e interactúan coa cidade a través dun cuestionario breve no que se pedíu a opinión das persoas sobre diferentes aspectos.

Principais eivas e fortalezas, fomento do comercio, proxectos industriais, emprego, conectividade, xestión de recursos, políticas sociais e acceso a vivendas, foron algúns dos temas dos que se puido opinar.

“Participar é un xesto de responsabilidade e de compromiso co futuro da nosa cidade, por iso agradecemos moito a colaboración de todas as persoas que asistiron ás mesas de traballo, que responderon a enquisa ou que responderon por teléfono ofrecéndonos o seu parecer e aportando ideas e mesmo críticas construtivas que nós como xestores debemos recoller e analizar”, explica Enrique Cabaleiro.

Agora toca presentar ás persoas colaboradoras o informe de diagnose no que se recolle todo o traballo realizado e se sintetizan as principais riquezas e debilidades, as necesidades e os desexos.

“O proceso de redacción da Axenda Urbana baséase na participación, na análise profunda da situación actual en tódolos eidos, económico, social, medioambiental... para partir dun punto o máis real posible e deseñar dun xeito consensuado un futuro planificado e ordenado, respectuoso coa nosa contorna e na que os nosos recursos sexan o elemento diferenciador e o motor de crecemento”, engade o alcalde.

Cabaleiro quere recordar que a Axenda Urbana non é un documento político, é unha estratexia que recollerá o crecemento sostible de Tui a dez anos e indispensable para poder optar ás axudas dos fondos europeos Next Generation.

Ademais, informa que está a disposición da cidadanía unha páxina web propia da estratexia na que se poderá ir consultando as novidades e avances sobre a mesma. No sitio web https://axendaurbanatui.gal/

Dentro deste proceso de participación tamén se deu voz á veciñanza nun programa radiofónico semanal que fai un seguimento do día a día do proceso da Axenda Urbana de Tui e que se emite cada mércores arredor das 12:30 horas.

Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiación para redactar a súa Axenda Urbana.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí