Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Axenda Urbana de Tui lanza unha enquisa en liña

A cidadanía de Tui avaliará e trasladará a súa visión da cidade a través dunha enquisa on line colgada na páxina web da Axenda Urbana de Tui

A cidadanía de Tui avaliará e trasladará a súa visión da cidade a través dunha enquisa on line colgada na páxina web da Axenda Urbana de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, informa que, como parte do proceso participativo da redacción da Axenda Urbana, xa está dispoñible na páxina web do Concello e na páxina web da Axenda Urbana unha enquisa  en liña na que a cidadanía poderá achegar a súa visión sobre a cidade.

Con tan só un clic, os veciños e as veciñas transmitirán a súa opinión sobre o presente de Tui valorando do un ao dez as distintas cuestións plantexadas. Pero, ademais, tamén poderán trasladar propostas ou iniciativas nun apartado destinado a recoller todas as súas suxestións.

Para acceder á enquisa débese acceder a Axenda Urbana de Tui e clicar en “participa”. Deste accédese directamente a un breve cuestionario de preguntas directas e de doada resposta. Cales son as principais eivas e fortalezas, fomento do comercio, proxectos industriais, emprego, conectividade, xestión de recursos, políticas sociais e acceso a vivendas, son algúns dos temas dos que se poderá opinar.

O goberno solicita a colaboración cidadá e convida a participar nesta enquisa en liña que servirá para coñecer a percepción que ten a veciñanza sobre Tui e ofrecerá importantes datos para o equipo de diagnose e redacción da Axenda Urbana de Tui.

Cabaleiro quere recordar que a Axenda Urbana non é un documento político, é unha estratexia que recollerá o crecemento sostible de Tui a dez anos e indispensable para poder optar ás axudas dos fondos europeos Next Generation.

Ademais, adianta que xa está a disposición da cidadanía unha páxina web propia da estratexia na que se pode ir consultando as novidades e avanzas sobre a mesma. No sitio web https://axendaurbanatui.gal/

O proceso participativo da Axenda Urbana contempla reunións con asociacións e colectivos veciñais tanto do centro urbano como das parroquias, con técnicos municipais e voceiros de todos os grupos da Corporación, entre outros encontros e reunións. Ademais, realizaranse actividades nos distintos centros escolares. Dentro deste proceso de participación tamén terán lugar entrevistas individuais á cidadanía en distintos formatos.

Co proceso de participación e a redacción da diagnose, o concello de Tui continúa a redacción da súa Axenda Urbana, documento estratéxico que marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos. Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiación para redactar a súa Axenda Urbana.

O obxectivo do proceso participativo é redactar unha estratexia consensuada que marque dun xeito estudado e planificado o crecemento de Tui nos vindeiros dez anos.

Tui camiñará cara un desenvolvemento sostible no que  a procura dunha mellor calidade de vida para a veciñanza é o obxectivo prioritario e farao cun documento consensuado financiado cos fondos Next Generation e que planificará os vindeiros dez anos en liña con dez obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

O alcalde, Enrique Cabaleiro, lembra que dos 8131 concellos que hai en España tan só 121 foron seleccionados para a redacción dunha Axenda Urbana, entre eles Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones