Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Axenda Urbana de Tui realiza unha consulta telefónica coa veciñanza

A cidadanía avaliará e trasladará a súa visión da cidade cunha enquisa telefónica, unha enquisa online e as entrevistas a actores chave

A cidadanía avaliará e trasladará a súa visión da cidade cunha enquisa telefónica, unha enquisa online e as entrevistas a actores chave

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, informou que, como parte do proceso participativo da redacción da Axenda Urbana, esta semana estase a realizar unha enquisa telefónica estatisticamente representativa por cotas de idade, sexo e lugar de residencia (parroquias e centro urbano). Trátase dunha  enquisa anónima que preservará a identidade das persoas e non pedirá nomes, nin apelidos, nin enderezo, correo electrónico, DNI ou outros datos persoais.

Ademais, coa intención de dar a posibilidade de responder a esa mesma enquisa, ás persoas que non sexan seleccionadas aleatoriamente, e para poder acadar un maior número de datos e ollada, tamén está dispoñible na páxina web do Concello e na páxina web da Axenda Urbana de Tui unha enquisa en liña na que a cidadanía poderá valorar a cidade e aportar suxestións. Con tan só un clic veciños e veciñas transmitirán a súa opinión sobre o presente de Tui valorando do un ao dez as distintas cuestións plantexadas. A enquisa en liña estará dispoñible ata este domingo día 10.

Para acceder á enquisa en liña debemos entrar en Axenda Urbana de Tui e clicar en “participa”. Directamente poderemos acceder a un breve cuestionario de preguntas directas e de doada resposta. Cales son as principais eivas e fortalezas, fomento do comercio, proxectos industriais, emprego, conectividade, xestión de recursos, políticas sociais e acceso a vivendas, son algúns dos temas dos que se poderá opinar.

O goberno solicita a colaboración cidadá e convida a participar tanto na enquisa telefónica como nesta enquisa en liña que servirá para coñecer a percepción que ten a veciñanza sobre Tui e ofrecerá importantes datos para o equipo de diagnose e redacción da Axenda Urbana de Tui.

 Cabaleiro quere recordar que a Axenda Urbana non é un documento político, é unha estratexia que recollerá o crecemento sostible de Tui a dez anos e indispensable para poder optar ás axudas dos fondos europeos Next Generation. Ademais, recorda que xa está a disposición da cidadanía unha páxina web propia da estratexia na que se poderá ir consultando as novidades e avanzas sobre a mesma. No sitio web https://axendaurbanatui.gal/.

O proceso participativo da Axenda Urbana contempla reunións con asociacións e colectivos veciñais tanto do centro urbano como das parroquias, con técnicos municipais e voceiros de todos os grupos da Corporación, entre outros encontros e reunións. Ademais, realizáronse actividades nos distintos centros escolares. Dentro deste proceso de participación tamén se realizaron entrevistas en distintos formatos e cada mércores emítese un programa radiofónico que da voz á veciñanza e fai un seguimento do día a día do proceso da Axenda Urbana de Tui.

Co proceso de participación e a redacción da diagnose, o concello de Tui continúa a redacción da súa Axenda Urbana, documento estratéxico que marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos. Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiación para redactar a súa Axenda Urbana.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí