Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Banda de Música Popular de Tui fai público o seu malestar e descontento

Piden ensaiar no Conservatorio Municipal, lugar onde levabamos 18 anos desenvolvendo a nosa actividade.

Piden ensaiar no Conservatorio Municipal, lugar onde levabamos 18 anos desenvolvendo a nosa actividade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Septiembre de 2020

Fuente: Banda de Música Popular de Tui

Dende a Banda de Música Popular de Tui facemos este comunicado para expresar o noso malestar e descontento co Goberno Municipal e co Conservatorio e Escola de Música Municipal de Tui, tras a súa negativa constante nos últimos meses a ensaiar no Conservatorio Municipal, lugar onde levabamos 18 anos desenvolvendo a nosa actividade.

Tras o chamamento por parte destas institucións para a retirada dos trofeos acadados durante a nosa longa traxectoria musical, este xoves día 17 de setembro do 2020, recibimos unha chamada do director do Conservatorio, na cal nos esixía retirar todo o noso material (cadeiras, material de percusión, etc.), cousa que nunca se nos notificou por parte do concello. Ante esta situación, sentimonos na obriga de gardar o noso material en diversas casas particulares dos compoñentes da agrupación, sen contar o gasto económico que supuxo desprazar todo ese material.

Dende a volta á “nova normalidade”, nunca puidemos volver a utilizar o local de ensiao. Sempre tentamos dialogar co concello para buscar unha solución ao problema, sen acadar resposta nin preocupación algunha. A premisa dada para a entrega das chaves foron as recomendacións sanitarias ante a Covid-19, pero non temos moi claro a finalidade desta decisión, xa que dende hai tres meses a Banda de Música está realizando ensaios no pavillón de deportes de Guillarei, ocupado actualmente polo Colexio, con todo o protocolo sanitario establecido pola Xunta e sen ter ningún contratempo ata a data. Ao noso entender, isto é só unha escusa, xa que sempre estivemos dispostos a tomar as medidas adecuadas para que non houbera ningún tipo de problema (desinfectar as zonas utilizadas, ensaiar ao aire libre, grupos reducidos...) ensaiando no propio conservatorio.

Resulta incrible que teñamos que abandonar o establecemento onde realiza as súas actividades o Conservatorio e a Escola de Música Municipal de Tui, cando foi precisamente a Banda de Música Popular de Tui quen impulsou e deu os primeiros pasos para que Tui teña hoxe un conservatorio de música profesional.


Por outra parte, tamén quixeramos mencionar neste comunicado a nosa admiración pola magnífica xestión que se está levando a cabo nos concellos veciños coas súas respectivas bandas, servindo como exemplo neste caso o Concello de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas... nos cales apostan por unha cultura local segura.


Con todo, dicir que a Banda de Música Popular de Tui segue aberta ao diálogo para chegar a unha solución na que poidamos continuar realizando a nosa actividade con toda normalidade.


Para finalizar queremos dar as grazas a toda esa xente que nos apoia e nos ofrece a súa axuda, a cal é moi importante nestes momentos tan complicados para a cultura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí